Onde **** está North Yorkshire?

 As formación dun individuo como persoa social débese segundo algunhas teorías á interacción co grupo, coa comunidade. Estando no propio concepto de comunidade a consideración de que aqueles que a forman son persoas sociais.

Hoxe querovos presentar a miña “outra” comunidade e unha importante parte da miña persoa. North Yorkshire. Fun por primeira vez a Thornton, a miña verdadeira aldea, cando tiña 15 anos pero xa a coñecía como se vivise alí dende sempre. A miña tía, a primeira e verdadeira nativa de Thornton e a miña nai encargábanse de que dende pequenos coñecesemos que había pouco que facer, que Dalby Forest era unha das mellores reservas naturais do mundo, que o café se fai en kettle e os postres acompáñanse todos con nata líquida ou incluso que un pub nun fogar da terceira idade é a cousa máis normal do mundo.

Este especial turístico que lín nun xornal esta semana, lembroume como sería coñecer de turista North Yorkshire. Algo que no fondo eu nunca fixen, a pesar de pasar 3 semanas de verán sen nada que facer. Supoño que o que quero dicir é que formar parte dun lugar non ten tanto que ver con nacer alí, senón co sentimento de pertenza, de coñecemento. Así como formar parte dunha comunidade non é ter “carnét de comunitario” senón as relacións que se establecen nela, a interacción e o coñecemento.

Bragado Paz, GBCP

Posted on 5 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Para iso que comentas adáptase fenomenalmente o vello dito de “un non é de onde nace, se non de onde pace”. Ten pinta de ser fermoso o lugar do que falas.

  2. Lucía Álvarez

    A cousa vai máis alá dun dito, tamén se trata da importancia do espazo no proceso de mellora e alimentación do “eu”,é un claro condicionante. Xa de partida falas dun espazo rural, que evientmente non che deixará a mesma pegada que si pasaras as tres semanas en Londres.
    Tí sínteste unida a esa circunscripción territorial por moitos sentementos que te levan a ela, non teis unha vinculación tampouco administrativa, pois non estas empadronada alí. É un sitio diferente que pola forma de actuar nese pobo ou nes núcleo seguro que lle aportou algo diferente ao teu caracter ou forma de pensar.
    Pareceme bonito e intereante, gustaríame saber si a vida nese pobo dista moitisimo da nosa; aida que xa vexo polo que dis que un pouco sí. 🙂

  3. Está ben ver que non son a única que pensa así e que ata o refraneiro popular apoia a miña teoría 😉
    Tes toda a razón Lucía, e ti debes sabelo máis que ninguén pois tes un relación parecida coa Coruña non? (algo máis estreita incluso supoño). Como foi a túa experiencia?
    No referente a se é moi diferente n non, a verdade é que a vida diaria é bastante similar a calquera aldea galega pequena preto dunha cidade. Aínda así si que ten cousas simpáticas ou características como iso que comentaba de que o pub máis popular está dentro dun fogar da terceira idade!!! A quen se lle ocorrería???? HAHAHAH
    Pero a vida diaria é a mesma que aquí, aínda que alí ao estar dentro dunha reserva natural a meirande parte dos habitantes teñen un sentimento moito máis forte pola natureza. Moitos teñen cabalos para ir montar ou están acostumados a facer rutas de senderismo todos os domingos, os picnis son habituais. E todo iso chova, vente ou neve.

  4. Lucía Alvarez

    Si Maru, como ben dis a mín ocorreume algo semellante. Sobre todo o que máis me marcou,como tamén apuntaches, foi o paso dunha zona rural a unha cidade. Son dos mundos totalmente diferentes onde as relacións entre a xente tamén cambia moitisimo. Xa falaba Durkheim do tema a través da solidariedade mecánica e orgánica; pero eu o que che podo dicir é que no pobo, para ben ou par mal, todo se sabe e todos nos coñecemos; mentres que na cidade, a penas sí coñeces aos teus veciños de escaleira. A aldea é un nicho de acción moito máis reducido e polo tanto ten unhas costumes e unhos hábitos de actuación máis consolidados supoño, polo que eu vivo.O Cambio de lingua pola contra, non me afectou tanto.
    A peculiaridade da discoteca está xenial! jaja. Ademais polo que ti dis a xente dese entorno está condicionada pola Reserva Natural que claro, fai que sexa xente moi vinculada á natureza. Aquí tamén se deixou ver algo semellante no indencdio das Fragas doe Eume. Gústame este tema 🙂

  5. Todos os temas volven un pouco ao feito de que a construción de cada un non dependen das cousas materias, senón da interacción e das relacións que se establecen.
    Como a relación Lucía-Maru xa forma parte de nós! (Si, modo ñoña ON)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: