Sobre fanatismos e outras drogas

“Creo que habería que inventar un xogo no que ninguén gañara” (Jorge Luis Borges) Estas palabras que saíron da boca  do escritor arxentino adecúanse perfectamente ao tema do meu post desta semana.

Por todos é sabido que a práctica de deporte revitaliza corpo e mente, e máis para a xente máis nova. Non obstante, a época na que vivimos atópase dentro do marco dos medios de comunicación, que non fan outra cousa que situar á persoa no seu fogar, bar, restaurante ou cafetería e convertelo nun simple observador, en non nunha persoa que leve a cabo a práctica de exercicio na súa vida cotiá. E como non, un dos deportes que máis expectación esperta é o fútbol, detrás do que se atopan grandes emocións, unhas veces de éxtase e admiración e outras dun fanatismo que considero extremo.

Pero ben, o problema non está en ser espectador dun partido de fútbol, senón nesa tendencia que existe de ser escravo do e para o fútbol, de pecharse nun mesmo por un, dous ou tres encontros, de levar a cabo apostas e rivalidades absurdas polo resultado, de intoxicarse con alcohol e celebrar o triunfo dun equipo como se fose propio, incluso de sumirse nunha depresión pola derrota.

O fanatismo non leva a bo porto. É importante saber todo o que sucede arredor do ser humano, e saber atopar un equilibrio. A esaxeración de sentimentos o único que provoca é alonxamento e ausencia de capacidade para entender e ser entendido.

Que si, que se pode sentir devoción por un equipo, eu tamén sei o que é, aínda que certas persoas digan que soamente o fago cando gañan, pero ese é un tema aparte. Aínda así, hai que saber empregar a razón crítica e marcar os límites entre afección e intransixencia.

Dapía Freitas, S1B, 2A 1

Posted on 5 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Andrea Fernández

    Por una parte, estoy de acuerdo contigo en que el fanatismo no lleva a ninguna parte, y que en la vida hay que tener muy presente que hay más cosas además del deporte, ya sea fútbol, baloncesto o ping pong.
    Pero también estoy en desacuerdo por una parte. Se pueden compaginar las dos cosas y me pongo de ejemplo a mí misma. Soy una futbolera confesa, cómo bien es sabido por casi todos, y una incondicional del Sporting de Gijón. Me alegro con sus victorias y sufro con sus derrotas como sí realmente fueran mías. Y es que, en cierta manera, lo son. ¿Qué sería de un equipo de fútbol sin su afición, sin el “jugador número 12”, cómo se suele decir?
    El fútbol es un deporte, pero también un sentimiento. Es capaz de darte alegrías, como ganar una Liga, o disgustos, cómo descender de categoría. Por supuesto que hay que saber moderarse, pero mi opinión es que el fanatismo, hasta un límite, no es malo.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Estou de acordo contigo, pero no meu caso estoume referindo a un fanatismo extremo. A xente que cae en depresión si o seu equipo perde ou descende de categoría, sexa o deporte que sexa. Ou alguén que polo mesmo motivo comeza no mundo das drogas para olvidarse de todo. Sona a esaxeración, pero tamén existe esta cara da moeda. Todo é moi bonito cando o Real Madrid, equipo do que eu son, gaña títulos ou partidos importantes, e moléstame, incluso sinto como se eu perdera algo , cando caen derrotados ou eliminados dalgunha competición. O que non vexo normal é que eu agora mesmo estivera deprimida, ou a tratamento psicolóxico porque o Bayern os eliminara da UCL na tanda de penaltis. A ver, señores, isto é deporte. Uns gañan e outros perden. É o máis normal do mundo. Non se acaba o mundo, e se un equipo descende de categoría, xa volverá. E se un equipo cae nunha ronda, xa a pasará o ano seguinte.

  2. Óscar Martínez

    El fanatismo es una enfermedad. Tan solo conduce a que nos olvidemos de un objetivo real para conseguir el nuestro propio por encima de todo y de todos. Hay que saber ver las situaciones, leerlas y asimilarlas.

  3. Lara Lozano Aguiar

    Eu co do fanatismo estou dacordo, ou é porque a min non me gusta ningún equipo en particular ou non sei. Estarei errada para moitos pero non só me refiro ao fútbol ou ao deporte en xeral, tamén a grupos musicais, etc. Pero, se non lle chamamos fanatismo como lle podemos chamar?

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Si, é certo que ocorre noutros ámbitos da vida, pero creo que no tema do deporte é onde máis evidente se fai este fanatismo do que falo. A xente vólvese louca, aínda que agora pensándoo ben, véñenseme á cabeza as “beliebers”, outro grupo que ten un serio problema co seu ídolo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: