Adiós con el corazón

Que con el alma no puedo.

Queda nada para que este curso chegue ó seu fin. Cando nos deamos de conta outro ano máis terá pasado e xa serán dous dende que nos convertemos en persoas “independentes”.

O ano que vén chegaremos ó ecuador da carreira, o que virá despois ninguén o pode predicir, mais o bo sabor de boca que deixan estes anos non nolos quita ninguén. Para o adeus definitivo aínda falta, mais para un paréntese e un “ata logo” non queda tanto.

Moita xente di que os anos universitarios son os mellores e que os amigos que fas durante esta época son para toda a vida. Non sei se iso é certo ó cen por cen ou non, mais o que si sei é que a xente coa que me topei neste camiño é a mellor que podía encontar. E si, é certo, todo isto é un pouco cursi pero non puiden evitalo despois da gala do pasado xoves.

A gala xorcav fíxome darme de conta que esa despedida estaba máis preto do que eu pensaba, o ano que vén seremos moitos os ausentes e, hei de dicir, que con moita pena. Aínda así estou segura de que todos os que nos vamos deixaremos constancia da nosa presenza dalgún xeito.

Sen máis “ñoñadas” déixovos un fragmento dun monólogo de Berto Romero que penso que ten toda a razón. Quen non estuda unha semana antes dos exames? Quen non se pasa horas e horas de cafetería en cafetería? Cantas noites pasamos en vela para falar de nada?

Resumindo, disfrutemos do que nos queda !

Quiñoy Montero, S3B, 3B2

Posted on 6 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Está claro, y creo que muy poca gente dudará de ello, de que los años que pasas en la universidad son, sino los mejores, de los mejores. Y como siempre, las personas son las causantes de todo esto. Y aunque la época universitaria llegará a terminar, espero que la gente siga estando ahí, aunque no sea para siempre, al menos, durante mucho tiempo.
    Aunque cursi, cierta. Es así 😉

  2. Miriam Iglesias Otero

    Que gran post. Yo sufro si nos imagino en cuarto graduándonos. Va a ser muy triste, pero eso es un buen síntoma, significa que los años anteriores fueron tan espectaculares que no queremos que acaben.
    La universidad la forman eso, los amigos, los compañeros, los profesores, la facultad, la ciudad… Nada sería lo mismo si alguna cosa de estas cambiase.
    En fin, maloserá que a pesar de la distancia y los años, trabajando en la misma profesión no nos encontremos a lo largo de la vida. Nunca se sabe.

  3. Yanire Díaz Villaverde

    Visto o visto, e que o paro non comezará a baixar ata o 2017 (o efecto a longo prazo das políticas do Goberno, xa sabes) non sei se nos teremos que plantexar seriamente seguir estudiando… polo menos ata que isto mellore, se é que mellora.
    Creo que a Gala Xor-Cav foi un dos días nos que máis interacción houbo entre os estudantes da nosa facultade… Chámalle alcohol, chámalle sociabilidade… pero o certo é que xa nos coñecemos bastante mellor 😉

  4. Beatriz Yáñez Castro

    Dá pena pensandoo así, pero isto aínda non acaba. Algúns marchamos e coñeceremos máis xente que engadir a ese grupo de amigos que fixemos na universidade! Logo en cuarto xa nos volvemos xuntar e disfrutaremos moito dese ano. Sen que nos decatemos chegará o noso acto de graduación e cada un tirará para onde crea que é mellor, pero nunca deixaremos de estar en contacto! Decías ti de cursi, pero eu…jaja lendo esto tamén me poño eu! 😛

  5. Laura Quiñoy Montero

    Imos ir por partes, a idea que presenta Miriam de que chegaremos a cuarto e daranos moita pena graduarnos e irnos pero tamén penso que é un bo síntoma porque deixará ver que todos estes anos foron marabillosos, aínda que tivesen os seus momentos de desesperación.
    Por outra parte, tampoco vai ser un adeus definitivo pois, con algo de sorte, conseguiremos traballar do que nos gusta ou seguiremos estudando, ademais moverémonos por círculos moi semellantes.
    De momento disfrutemos do que nos queda e exprimamos estas últimas semanas de curso, aínda que haxa exames de por medio, para irnos cun bo sabor de boca ! 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: