Avós

Ante todo somos seres sociais e por iso necesitamos a persoas ao noso redor. Sen embargo na sociedade actual as presas  e o ritmo de vida provocan unha falta de tempo para comunicarnos cos demais. Isto pasa incluso dentro das propias familias. A maioría das persoas non se paran a escoitar a aquelas persoas que son as que máis nos poden ensinar da vida: os avós.  Nas culturas tradicionais como en México, apreciase aos avós e considéranos pozos de coñecemento e experiencia, pero con todo tamén se lles deixa de ter en conta cando comezan a perder as súas facultades. Ao non poder manterse ao ritmo que imprime a vida moderna vense desprazados. Temos que ter en conta que podemos aprender moito deles sempre que lles demos unha oportunidade. Os que tivemos o privilexio de coñecer a un ou varios avós seguramente recibimos ensinanzas deles que prevalecen ata hoxe. A pesar de que non nos demos conta, a influencia dos nosos avós marca o noso comportamento dalgún xeito aínda que non a recibiramos directamente senón polos nosos pais. Todos deberíamos dedicar un momento do noso tempo a falar cos nosos maiores e non permitir que o noso ritmo de vida actual acabe por rematar coa comunicación dentro das propias familias.

Díaz Leal, Carla; S1D, 2A1

Posted on 6 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Los abuelos son los pilares fundamentales de las familias. A pesar de que suele decirse que no se les suele tener en cuenta, tampoco creo que sea así. Es cierto que numerosas familias se desentienden de estas personas cuando se vuelven dependientes, pero más numerosos son los casos contrarios.

    • Es cierto que son más numerosos los casos en los que las familias se encargan de atender a los mayores pero eso no impide que se les desatienda en otras facetas como la de la comunicación. Son pocas las personas que le dedican un rato a mantener una charla con sus abuelos por el motivo que sea, lo que es una pena porque se puede aprender mucho de sus experiencias.

  2. Lara Lozano Aguiar

    Os avós son sempre os que malcrían aos netos pero que bonito e vivir rodeada deles. Debemos axudar no que poidamos porque eles tamén estiveron aí cando máis o necesitábamos. Deles aprendemos como era antes a vida, como cambiou. Tamén aprendemos a ser persoas, a convivir.

    • A magoa é que moitas veces non valoramos esa axuda e esa compaña que nos proporcionan. Pero coincido contigo en que eles son os que nos ensinan como cambio a vida porque eles son os que teñen máis experiencia e sabiduría.

  3. hortensia gesteira estévez

    Parece que a falta de tempo tamén inflúe na comunicación. Como non podemos falar cos nosos avós vía redes sociais desatendémolos?

    • Non creo que so influa o das redes sociais. Incluso tendo as redes sociais moitas persoas non teñen tempo de comunicarse coa xente que a rodea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: