USC En Transición cara ao desenvolvemento sostible

“El auténtico conservacionista es alguien que sabe que el mundo no es una herencia de sus padres, sino un préstamo de sus hijos”

J.J. Audubon (1880)

O xoves día 3 de maio, coincidindo co Día da Liberdade de Expresión (tiña que dicilo), un dos grupos da asignatura organizou unha charla coa responsable do proxecto USC en Transición. Foi interesante, sobre todo, desde o punto de vista da participación. Cada unha das filas da clase tiña que cubrir unha ficha sobre o que coñecía do proxecto baseándose no elemento comunicativo que lle tocase (carteis, folletos, redes sociais…). Esta actividade tiña como finalidade coñecer se o modo de comunicarse do proxecto era o máis adecuado. Ao final, ademais, tiñamos a posibilidade de escribir aquelas suxestións que nós considerabamos adecuadas para mellorar dita comunicación. Eu particularmente, non oíra falar deste proxecto, por iso considerei oportuno (e así llo fixen saber por escrito) que se crease un “gabinete de comunicación” interpersoal onde diferentes voluntarios se adicasen a informar persoalmente á comunidade universitaria do programa en cuestión.

Maite, responsable do proxecto e profesora na facultade de Bioloxía, explicounos que USC en transición desenvolvía diferentes actividades coa finalidade de levar a cabo modelos de desenvolvemento sostible. É un programa baseado nas comunidades en transición xurdidas en Irlanda e que, rapidamente, se espallaron por todo o mundo. Paréceme un proxecto moi intersante, posto que non só trata de concienciarnos de problemas ambientais, senón que tamén pretende conxugar esta problemática co necesario desenvolvemento que os seres humanos protagonizamos. A continuación déixovos un enlace coa páxina TransitionNetwork, onde tedes máis información deste proxecto, así como un pdf escrito polos creadores deste movemento, Rob Hopkins e Peter Lipman (“Who we are and what we do”).

 Que opinades? Este proxecto en expansión e “en transición” pode ser o camiño a seguir para continuar medrando sen destrozar o planeta que nos acolle?

Salgado Santos, GBCP, 4A2

Posted on 6 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. El proyecto es muy interesante, si bien es cierto que existen infinidad de este tipo a lo largo del planeta y seguimos sin estar concienciados. De todas formas, mi ánimo y apoyo a las personas que trabajan en este tipo de actividades, pues son muy importantes.

    • Crees realmente que no estamos concienciados o que no nos interesa estarlo? No creo que sea un problema de concienciación, ciertamente, más bien de que no queremos cambiar nuestro modo de ver e interactuar con el mundo porque es más cómodo no hacerlo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: