03/05. Un día para a reflexión

A liberdade de expresión é un dos nosos máis valiosos dereitos. A existencia de medios de comunicación libres, pluralistas e independientes é esencial para poder exercer ese dereito”. Esta foi a mensaxe do secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, no Día Mundial da Liberdade de Prensa. Conviría reflexionar sobre o significado destas palabras cando estamos asistindo ao peche de diarios, ERES de xornalistas… O xornalismo atravesa un dos peores momentos. Día a día multiplícanse as queixas denunciando a mala praxe nas tarefas informativas. É certo que a miúdo se vulneran os principios éticos básicos da profesión. A frivolidade prima sobre o rigor informativo, a realidade sacrifícase polo espectáculo, por non falar das limitacións impostas por tódolos poderes que ambicionan o control dos medios… contribuíndo así á “mala prensa” da profesión. O “xornalismo cidadán” cada día está máis presente grazas ás redes sociais. Pero son fiables tódolos contidos? Contrástase a súa autenticidade? Non estou en contra, pero se o receptor se convertiu en emisor quizáis conviña que se ativese tamén a algún tipo de código deontolóxico. Coa profesión atravesando unha profunda crise, con medios de comunicación que desaparecen un día si e outro tamén, a única saída pasa por insistir nunha boa praxe da nosa profesión. Se queremos sobrevivir, temos que levar a cabo un xornalismo de calidade. Xa sexa en medios de prensa escrita, audiovisuais ou dixitais.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 7 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Carlos Asensio Castro GBCP

    Me parece genial lo que dices Miriam, es sorprendente que en pleno S.XXI haya medios que sigan siendo controlados por poderes políticos, o por empresas privadas, es lo mismo. Pero ya a estas alturas de la película ya estoy empezando a pensar que el periodismo real es este y no otro, es decir, los medios independientes, libres etc creo que ya no existen, creo que son un pensamiento de quiero y no pued ( o no me dejan) supongo que es algo pesimista por mi parte, pero cuando casi lo conseguimos con RTVE van y nos lo fastidian. Supongo que otro modelo de medios de comunicación es posible, pero ¿a qué precio?

    Carlos Asensio Castro GBCP

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Carlos. Hai que ser realistas. Hoxe por hoxe, non existe un medio de comunicación libre e independente. Máis aínda cando o xornalismo, sendo hoxe un dos sectores máis afectados pola crise, depende das axudas que lle brindan os poderes económicos e políticos para manterse a flote. A censura e manipulación imposta dende estes sectores acaba derivando na propia autocensura do xornalista, consciente de que non tódalas informacións se van a publicar. Interiorizar que SI outro modelo de medios de comunicación é posible, e que nese senso nós, como futuros xornalistas, xogamos un papel fundamental: loitar contra ese sistema exercendo un xornalismo de calide. De novo, grazas polo teu interese.

  2. Beatriz Yáñez Castro

    A situación que se está atravesando fai que aparezan novos medios e desaparezan outros. Falo deses grandes medios que ven como teñen que pechar as súas portas e enviar a profesionais xa veteranos á rúa. Por outra banda, nacen nos novos soportes uns xornais cuns pensamentos máis libres que buscan informar ao cidadán sen poñer ningún tipo de censura. É época de cambios…mais, estase mudando da mellor forma posible? Todo vai lento e faltan ideas que renoven e den novas saídas profesionais aos xornalistas.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Bea. Efectivamente, como lle dicía a Carlos, o xornalismo é o segundo sector máis afectado pola crise, despois da construción. Asistimos ao peche de grandes cabeceiras un día si e outro tamén, derivando no feito de que nos últimos tres anos cerca de 5.300 xornalistas perderon o su traballo. Pero o xornalismo non só está a sufrir a crise económica, senón tamén unha crise de modelo á que aínda non sabe como facer fronte. É funtamental que un medio de comunicación estea constantemente reinventándose, e hoxe por hoxe bucan abrirse camiño, non sen dificultades, a través da plataforma dixital, coas redes sociais á cabeza. Evidentemente, isto abre a posibilidade de que a información chegue a máis xente, pero tamén que a xente achegue máis información, non fiable e contrastada en moitos casos, poñendo así en entredito a labor dos medios de comunicación e dos xornalistas. Isto conduce a unha nova crise do xornalismo da que eu falo no post: unha crise de despresitixo cuxa única solución é levar a cabo un xornalismo de calidade de acordo cuns códigos éticos e deontolóxicos e desprovisto de politizacións. Aquí é onde nós xogamos un papel fundamental como futuros comunicadores e debemos concienciarnos diso. De novo, grazas polo teu interese.

  3. hortensia gesteira estévez

    O día da liberdade de prensa lévanos a unha reflexión maior, reflexión que a día de hoxe é cada vez máis frecuente. Eu creo que xa por parte da poboación se vai producindo cada vez máis unha conciuenciación de que os medios non teñen toda a verdade nas mans e iso leva a un descrédito da que será a nosa profesión. Parece unha visión algo radical, pero gustariame que a xente confiasen en que os medios contan a realidade tal cal é sen influencias políticas nin doutro tipo.

  4. Miriam Varela Fernández

    Grazas polo teu comentario, Tensy. A min tamén me gustaría que o xornalismo non fose víctima da desconfianza por parte dos cidadáns. Que confiasen en que os medios ofrecen información veraz e rigorosa, sen ningún tipo de censura ou manipulación, sen politizacións. Pero o certo é que esta é a realidade dos medios de comunicación de hoxe en día. Por iso digo e repito que nós somos unha baza fundamental para modificar esta situación no futuro, levando a cabo unha praxe xornalística ética e de calidade. De novo grazas polo teu interese.

  5. Iván Cernadas S3F

    Estou de acordo contigo no sentido de que hai que facer xornalismo de calidade Miriam, e nos como futuros xornalistas pertencemos a esa xeración. Sen embargo, creo que é un bo momento, normalmente so sobreviven os máis fortes, é momento de que os máis preparados, e me refiro os xornalistas con coñecementos de todo tipo, que saiban adaptarse as novas tecnoloxías, que saiban grabar video e foto (exemplo que nos dixeron na Axencia EFE), que saiban adaptarse con rapidez sobrevivirán. Victor Freixanes nos comentaba que é unha etapa de renovarse ou morir, coincide co auxe de Internet, que temos cantidade de posibilidades na rede. Exemplos de novos medios como di Bea, pero non penso que vaian tan lento. Miralle un vistazo a varios links, de xornalistas que se comunican na rede e buscan alternativas a crise tratando de facer un periodismo de calidade.

    http://www.escolar.net/about
    http://especiales.lainformacion.com/lainformacion/quienes-somos/
    http://www.periodistadigital.com/
    http://periodistas21.blogspot.com.es/
    http://www.periodistasanonimos.com/
    http://www.maestrosdelweb.com/sitio/creditos/

    Iván Cernadas S3F. O futuro está na rede, adaptate e controla a rede e controlarás o mundo…

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Iván. En primeiro lugar, fas referencia a un tema interesante. Agora, ante a necesidade de recortar de onde sexa, aos xornalistas esíxeselles saber facer de todo: que redacten, que fagan fotos, que graben vídeos… Unha tendencia que eu creo que vai vir en aumento, polo que debemos ir adaptándonos a esta nova situación, pero sempre esixindo o recoñecemento e remuneración do traballo a maiores que realizamos. Por outra parte, os links que ti achegas son exemplos de xornalismo dixital, información ao servizo dos cidadáns a través da rede. Ao que eu me refiro con crise de modelo do xornalismo é que moitos medios, que contan con edición impresa, si, están na rede. Pero están para non quedarse atrás fronte ao resto da competencia. Ben é certo que non aproveitan tódolos recursos e semellan perdidos ante este novo reto de adaptación á era dixital.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: