¿Como se comunican as malas noticias?

Ter moitos coñecementos sobre medicina, non quere dicir que o médico saiba como comunicarse co paciente. A morte dun familiar ou unha enfermidade crónica son sucesos que a unha persoa que lle costa asimilar. Cando o médico debe comunicar estes sucesos a un paciente enfróntase a unha situación na que queda liberada ó azar ou á capacidade do profesional o “que dicir e como dicilo”. O acercamento entre o médico e o paciente demanda, como mínimo, unha hora e o profesional debe estar disposto a dedicarlle o tempo necesario. Porén, a irrupción desmedida da tecnoloxía no sector da saúde e o pouco tempo que se lle destina á consulta fixo que o médico se afastara do paciente, deixara de escoitalo e tamén de tocalo.

Para axudar a mellorar a comunicación de malas noticias en medicina, a doutora Guadalupe Bruera redactou unha protocolo de comunicación con etapas destinadas a brindar apoio e contención ó paciente e/ou familiares no momento de transmitir todo tipo de información sobre diagnóstico, pronóstico e tratamento. Estas etapas son:

 – Preparación do entorno onde se lles dará a noticia: tranquilo, privado e onde o médico non sexa tampouco molestado.

 – O médico debe avaliar o nivel de información que manexa o paciente acerca do seu problema e preguntarlle canto quere saber ó respecto.

 – Darlle a información empregando un vocabulario sinxelo, sen terminoloxía científica.

 – O médico debe facilitar a resolución dos sentimentos e axudar ós membros da familia a comprender e a aceptar a reacción de cada un.

– O médico tratará de demostrarlle ó paciente que o vai apoiar durante o proceso e que elaborará un plan de coidados para aliviar síntomas, compartir medos e preocupacións.

Díaz Villaverde  S2A, 2A3

Posted on 7 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    Paréceme de todo correcto a creación deste tipo de normas ou consellos para o trato cos clientes. As veces os médicos creen que eles teñen o poder de todo e que están porriba dos pacientes (se xa o fan na universidade cando ainda non teñen nin o título imaxinádevos con el baixo o brazo) pero en realidade están onde están gracias ós pacientes que día a día pasan polas súas consultas.
    Eses pacientes que un día teñen que recivir unha mala noticia e cuxa forma de asimilala variará moito do xeito en que se diga. O mal é o mesmo pero pode suavizarse e facerse máis levadeiro, polo menos evitando un susto inicial. De entre os puntos que nomeaches o que me parece máis importante é o de que o médico lle diga ó paciente que vai estar aí con el e que non o vai deixar so, xa que este no momento no que lle dan unha mala nova sentirase completamente desprotexido e non hai mellor amparo cun profesional.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Tamén hai que dicir que os pacientes estamos aquí, moitas veces, grazas a eles. É unha retroalimentación, xa non só cuestión de estatus.
      O punto do que me falas quería explicalo un pouco máis, pero os 1500 caracteres non dan para moito. Bruera tamén di que nese momento no que o médico lle mostra o seu apoio ó paciente é moi importante o contacto físico. Sentir como un médico che dá a man ou a apoia na túa espalda como mostra de que, como profesional, fará todo o posible por mellorar o teu problema, é unha gran satisfacción para quen o sufre.
      E dígoo por experiencia. Hai veces que un mínimo contacto que che faga sentir que son seres humanos e non máquinas que só sirven para mellorar a nosa vida, valen máis que dez sesións de quimioterapia.
      Grazas por comentar!

  2. Lara Lozano Aguiar

    Estas normas parécenme moi axeitadas porque os médicos por norma xeral son bastante fríos. Non teñen o tacto suficiente para comunicar sucesos dese tipo, de feito dise que o labor dun psicólogo neses casos é moi importante. Pero visto como está a sanidade hoxe en día é imposible pensar que a sanidade pública conte con psicólogos para tratar ás familias de enfermos graves, e non falo só das familias porque eu coñezo un caso de preto. Un tío meu aínda está esperando hoxe polo psicólogo que lle correspondía pola sanidade pública cando se transplantou fai 11 anos. Ese é un dereito que ten todo paciente e mira que ben se cumpliu…

    • Yanire Díaz Villaverde

      Pois efectivamente Lara. Sinceramente, non deparara na labor do psicólogo (se o fixera incluiríao tamén neste post). Pero tes razón, aquí o consello dun profesional – a parte do do médico- pode axudarlle ó paciente a ver a realidade “un pouco menos negra”.
      Aínda que a maioría dos médicos son un pouco “insensibles” á hora de comunicar estas malas noticias… tampouco debemos xeneralizar. Hai sempre algúns (que espero sexan moitos, xa que nun futuro non moi lonxano vamos ter que pagar por consulta e polo menos que teñan un pouco máis de tacto) que intentan dicircho da mellor forma posible para contalo todo sen alarmismos, cunha comunicación sinxela, clara e paciente con que non sabemos do mundo da medicina.
      Grazas por comentar Lara!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: