Comunicación: Siareiro-Arbitro

 Aínda que a comunicación que se establece entre os afecionados de fútbol e mailo gremio arbitral deberá ser considerada comunicación unipersoal, non cabe dúbida que a intención do emisor é chegar ó home de negro. Sen embargo, podemos apreciar que en moi poucas ocasións o proceso comunicactivo acada o seu propósito.

 

O siareiro dende a bancada intenta axudar ó arbitro na súa laboura e continuamente sinala as infraccións que se producen no xogo. Dende a burbulla que produce o seguimento dun partido de fútbol, o seguidor non se percata de que as súas verbas non chegan ós oídos do referee, e non lle importa que o separen de el 70 metros ou unha pantalla de plasma. Avisará o arbitro unha e outra vez, e si este se engana moito incluso lle dará recordos para algún familiar deste.

 

Non chego a comprender cal é a finalidade deste proceso alén da mostra do teu desacordo coas decisións arbitrais. O incosciente do ser humano establece autoconversacións con un mesmo e incluso chega a proxectalas cara ó exterior. Por outro lado, penso que realmente o que intenta facer o afecionado é un inicio de conversa con aquelas persoas que están sentadas o seu carón, tanto no bar coma no campo, e así explotala súa necesidade de dialogar e fomentar o sentimento de comunidade cos seus semellantes.

 

Castro Silva, S1B, 1B2

 

Posted on 7 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. É que o árbitro pertence a unha especie diferente!! hahah Agora seriamente, eu si creo niso de que o futbol é o opio do pobo e o árbitro a persoa que vai levar todas as pedradas, a veces literalmente, da poboación e os seus problemas. Que non debería ser así, certo. Que respetando ao árbitro sería un punto esencial para ver que somos respetusos en xeral, tamén. Pero estamos preparados para facelos?
    (e si, todo sona moi bonito pero eu tamén quero matar ao árbitro algunhas veces…)

    • Eu o que non comprendo é a actitude XERAL dos afecionados, todos e cada un de nós berrámoslle ós arbitros sabendo que non nos van escoitar e aínda así continuámolo a facer. ¿Falamos sós? ¿Pur que?

  2. Fun oficial de mesa de baloncesto durante 5 anos, case seis, e aprendín moito en tanto a relación da audiencia e o equipo arbitral.
    E primeiro e máis importante, que na meirande parte dos casos, os aficionados nunca tiveron diante o reglamento do deporte que están a criticar, podo contar decenas de situación onde esto se cumplía.
    En segundo lugar, que os ángulos, a distancia e a situación dos árbitros no campo cambia totalmente con respecto a perspectiva que pode ter o público. O árbitro pode ver unha falta dende o seu ángulo, pero o público non a pode ver dende a súa postura, ou ao revés.
    Doutro punto, a mala educación da xente, que acaba por insultar. Non sempre pasa, pero cando socede perden toda oportunidade de opinar.
    Hai árbitros mellores e peores, pero en xeral son todos uns profesionais preparados, con constantes probas e exames que superar (en baloncesto ao menos).

    Saudos 🙂

    • O da mala educación é certo, pero para que lle serve ó afecionado facerlle ó acordo da nai ó arbitro se este probablemente non o vai oir ??
      Trátase dun incio de diálogo ou dunha auto-terapia para eliminala tensión que provoca o deporte …

      • Eu non insultaba a bancada se se equivocaba, e por ganas non eran ¿e?. Creo que sempre hai que ter respecto os demáis, para facer terapia non é necesario insultar. A maioría dos árbitros non fan caso, pero sí que coñezo casos de xente que ao chegar aos vestiarios botábase a chorar (os novatos, fundamentalmente).

  3. Mateo Codesido

    Pero eso non pasa só cos árbitros senón cos mesmos xogadores. Cantos de nós cando falla un dianteiro unha ocasión manifesta decimos que eso ata o metemos nos? As cousas vémolas moi ben dende a tele con repeticións ou dende a grada no alto pero as cousas no campo son moito máis complicadas. Eu inclúome no grupo, son o primeiro que lle está gritando ó árbitro. Os árbitros xa veñen con medo a Cacheiras e cun par de Ibuprofenos no bolsillo para despois…

    • O que pasa é que na ”Cañoteira Stadium” sí ten máis sentido o de berrarlle ó arbitro, xa que polas dimensións do terreo de xogo, a mensaxe dos ultras de Teo chegan o seu destinatario. En cambio nun bar ou nun estadio grande é imposible. A que responde esta actitude? Reproducimos o que vemos de meniños?

  4. Moi interesante, sen dúbida, o post. Efectivamente, eu creo que cando nos referimos ó referee dirixíndonos directamente a el o que estamos a facer, é, moitas veces, crear un pretexto para o inicio dunha conversa cunha terceira persoa sobre a actuación do mesmo. Porén, isto realízase dun xeito espontáneo, e moitas veces non temos esa intención comunicativa, senón que todo se reduce a unha simple expresión das nosas emocións, aínda que non haxa interlocutor.

    • Penso que todos nós o facemos dende o incosciente. Resulta curioso que o noventa por cento dos afecionados o fútbol teñamos a mesma doenza e non nos preguntemos o que estamos a facer. Ademais considero que si o luns nos ensinan un video coas nosas actitudes durante o partido quedaríamos abraiados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: