“O primeiro seguidor é o que converte ó chiflado nun líder”

http://www.ted.com/talks/lang/en/derek_sivers_how_to_start_a_movement.html

Pode que moitos de vos xa coñezades este vídeo pero para os que non, asegúrovos que serán 3 minutos moi ben invertidos.

Antes de nada, gustaríame destacar a Derek Sivers como un exemplo do que pode chegar a facer un bo comunicador, xa que en tan só 3 min é capaz de contar con gran claridade e precisión os pasos que se seguen a hora de comezar un movemento social. Sivers explícanos como algo que nun principio só é o esforzo dun rapaz por chamar a atención, acábase converténdose nun verdadeiro movemento seguido pola maioría da xente que se atopa no lugar. Ao remate do vídeo é cando nos decatamos de que os que antes tiñan vergonza de levantarse, agora téñena para seguir sentados.

Sen esquecerse deses toques de humor que sempre amenizan os discursos, o orador fálanos do papel que teñen os líderes en calquera tipo de movemento. Nesta ocasión, a atención recae especialmente o papel do primeiro seguidor, que pasa a converterse nunha pezza clave do movemento e transforma “ó chiflado nun líder”.

Podemos ver entón como algo que comezou sendo ridículo, acábase convertendo en todo un acontecemento. Creo que na nosa sociedade, nalgunhas ocasións nos vemos arrastrados por este tipo de movementos, sen ser verdadeiramente conscientes en moitos casos. E a vos, que vos parece? Cando entramos a formar parte dun movemento, realmente é porque seguimos o “chiflado” de turno ou porque temos medo do ridículo o quedar sentados?

Cid Nieto; S1D, 1B1

Posted on 7 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Todas las charlas ted de Silvers son bestiales, te lleva a través del humor a conceptos muy simples que nunca antes habías pensado.

    En esta en concreto destacaría la desmitificación que hace de los clásicos líderes, de una forma u otra se está cargando a hitos como Gandhi, Mandela…

    Un punto de vista diferente.

  2. O teu post lémbrame irremediablemente ao acontecido no movemento 15M. Milleiros de persoas concentradas nunha praza, onde unha grande porcentaxe non sabía nin por que estaba alí. Cres realmente que se trata do seguemento a ese par de “chiflados”, dese medo a quedar sentado; ou realmente é froito da hipocresía dunha sociedade que se queixa, pero quere que xa lle dean os pratos lavados?

    Salgado Santos, GBCP

  3. Temos que ter en conta que este é un exemplo, plagado de humor, que nos amosa como nacen os movementos sociais. Eu non me quedo só co feito de que Derek Sivers lle chame “chiflado” a esa persoa que empeza a bailar soa no medio dun parque, senón a gran repercusión que pode ocasionar un feito tan simple. No caso do 15M que citaba antes Lara, sabemos que foi un movemento distinto, que precisamente se caracterizou pola falta de liderazgo. Neste caso non era unha persoa soa a que se levantaba no medio dun parque, senón moitas persoas que por motivos diferentes decidiron levantarse á vez. Como digo, o 15M é un movemento diferente, unha excepción que confirma a regla de como xorden os movementos sociais.

  4. Faime moita gracia o que dis, Claudia, isto pasa moitas veces nas clases. O profesor pide algún voluntario e, ó principio, ninguén fala porque a xente se sinte cohibida. Cando o primeiro en levantar a man e falar rompe o xeo, o resto de mans erguidas e persoas dispostas a dar a súa opinión non tardarán en chegar. Supoño que todos necesitamos sentirnos respaldados: non nos gusta ser os únicos que falamos pero tampouco ser os únicos en quedar calados. O ser humano é así…

  5. Lucía Alvarez

    Gustoume moito o video de Derek Sivers e o vdieo que él puxo, xa que reflicte perfectamente como somos os seres humanos moitas veces. Onde vas Vicente? onde vai a xente. Tamén comulgo co que di Soraya é moi simpático pero é certo ata que non vai o “oportuno” da clase a preguntar ou a dicir xusto o que pensamos, aí nos quedamos nós coma ovelliñas.
    Pero por outra banda quero dicir que non estou dacordo en que o líder sexa o tolo ou o máis kamikace, xa que o contexto das cousas tamén é moi importante. Hitler foi un tolo que moveu masas, pero eran as masas dunha Alemaña afundida.
    En resposta á pregunta que aquí deixas Claudia, debo decirche que pode que nin unha cousa nin a outra,nin seguimos ao chiflado nin temos medo a tar sentados; senón que esa persoa ao mellor tomou a iniciativa dun proxecto que tiñamos en mente ou deu unha opinión que compartimos, pero sin máis; non vexo que haxa que cinguirse a esas dúas opcións estrictamente. Porque aínda que hai xente que ten a idea de tatuarse todo o corpo en sinal de protesta e como unha reivindicación; e a pesar de que teñamos mesmos ideais, nós, non o facemos e non nos sentimos mal por non facelo.
    O que está claro é que nas relacións interpersoais sempre vai haber un líder, na nosa casa, no noso grupo de amizades, en nosa parella.

  6. Encantoume o vídeo, pero que dicir que non se saiba xa das TED. Realmente o vídeo dá para reflexionar longo e tendido. Pero precisamente en relación a túa última pregunta “movemento” versus “medo ó rexeitamento” direiche o mesmo que lle digo a todos os que empezan a fumar por vez primeira: por que? A primeira calada non é agradable, nin sequera o corpo reclama esa cantidade de nicotina.
    Pero por outra banda, que atractivos lucían John Wayne ou Clark Gable cando sostiñan un cigarro entre as mans, verdade? Todas as modas teñen un comezo, e sen ese “trendsetter” que agocha detrás unha masa disposta a seguilo cegamente, todo sería fume.

  7. Estou dacordo con Lucía en que en case todas as situacións, sempre podemos atopar un termo medio. Así e todo, ese vídeo o que intenta é amosarnos como nacen os movementos sociais, e estes xurden cando hai un líder que comeza a potenciar unha idea e algunha persoa que o segue. Iso é o que trata de explicarnos Derek Sivers. Aínda que compartamos as ideas dese movemento sempre vai haber unha persoa que tire do carro e cantos máis seguidores teña, máis forte se fara o mesmo.

    Obviamente, ante calquera movemento todos nós temos a opción de apoialo ou non apoialo, facelo dunha maneira ou doutra, pero do que non hai dúbida é de que cando algo nace é porque alguén decidiu romper cuns moldes preestablecidos e potenciar un cambio. A diferenza está en que sexamos nós os que queramos arrastrarnos con ese cambio, ou que ese cambio sexa o que nos arrastre a nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: