Xornalistas “empotrados”
Logo de que fora declarado desaparecido, confirmáronse as peores sospeitas: Roméo Langlois atópase ren das FARC, segundo confirmaron voceiros do propio grupo revolucionario armado colombiano.
Langlois é un xornalista francés que traballaba infiltrado no exército colombiano. Esta práctica é común en contextos bélicos de guerrillas, como ocorre na actualidade en Colombia. Os xornalistas, denominados “empotrados” infíltranse no exército como un máis e teñen que seguir todas as regras disciplinarias que sexan precisas, ademais de estar preparados física e tecnicamente. Así conseguen información de primeira man e imaxes de a pe do conflito bélico.
Mais non todos os corresponsais de guerra practican este tipo de xornalismo. De feito, é unha práctica bastante mal vista xa que adoita levarse a cabo para obter imaxes dun dos bandos e desprestixialo publicamente. Os xornalistas “empotrados” non elaboran información imparcial porque traballan colaborando cun dos bandos belixerantes.
De feito, as FARC parece ser que o que piden a cambio da súa liberación é que se recoñeza publicamente que xornalistas como Langlois levan a cabo un traballo de desprestixio mediático a conciencia. Aínda que foi ferido, o grupo armado dixo que o xornalista do diario conservador Le Figaro francés foi asistido e que a súa vida non corra perigo. Agardemos que así sexa e que o seu calvario remate o antes posíbel.
A ningún periodista honesto le gustaría describirse a sí mismo como “empotrado”. Decir “soy un periodista empotrado” es como decir ” soy un propagandista del gobierno.
Noam Chomsky
Ferro Falcón, S2A, 2A3
Posted on 7 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, Prensa. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Eu creo que estea do bando que estea, o xornalista antes que iso é persoa e non debería estar exposto a este tipo de perigos.
Estou dacordo contigo, pero ninguén o obrigou a punta de pistola a infiltrarse no exército. Seguramente cobren unha pasta polo risco que supón este tipo de xornalismo, mais conleva uns riscos… coma neste caso.