A forza dos grupos endóxenos

Unha comunidade é un grupo de individuos que comparten elementos en común: costumes, valores, tarefas, ubicación xeográfica, etc. As comunidades en transición (como é o caso de USC en transición), xorden  en 2005 a raíz dun movemento creado por Louise Rooney e popularizado por Rob Hopkins. O obxectivo principal deste proxecto é dotar de control ás comunidades para desafiar ao cambio climático e á influencia da economía do petróleo nas nosas vidas.

Na conferencia do pasado xoves, o proxecto USC en transición, achegounos información sobre o seu funcionamento e a súa forma de comunicarse de cara á sociedade. USC en transición é unha comunidade en transición, que a través dun proceso participativo, pretende concienciar á xente para mellorar a sostibilidade ambiental. USC en transición considera que a clave para atopar solucións ás problemáticas, está na formación de grupos autónomos que busquen alternativas. Este feito lembroume unha entrevista co director de Equus Zebra, Víctor Omgbá, na que el me explicaba que a situación da maioría dos países do continente africano debíase principalmente a que a corrupción se atopaba intrínseca na mentalidade de todos, e tamén á inexistencia por parte da poboación dunha conciencia común capaz de loitar por un cambio nas súas vidas. Neste contexto, considero que a idea das comunidades en transición, de crear un grupo autónomo que traballe para erradicar a problemática que hai no seu entorno, pode ser unha vía alternativa para convatir o subdesenvolvemento que está a afectar a tanta xente no mundo.

Geada Ares

S2D

2b1

Posted on 8 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Coñecendo a Omgbá, como bon xornalista que é, secundo as súas palabras e tamén as túas (unhas boas consideracións respecto do subdesenvolvemento proprio). Bueno, discrepo no da USC en transición, non me cabe na cabesa logho da progresiva paralización, e non creo que vaia máis alá dun “pantallazo” Sei que son desconfiado e teño praza no inferno por isto (hihihi, que quentiño vou estar)
    Martínez Hermida CIC

  2. Dende o meu punto de vista, o labor do proxecto USC en transición non se está a visibilizar o suficiente (eu antes da conferencia non sabía da súa existencia). Neste caso penso que o estudantado non está sensibilizado con este tema como para colaborar co proxecto e probablemente esta iniciativa acabe estancada. De todas formas, sigo creendo na forza dos grupos endóxenos.

    • Lara Lozano Aguiar

      Coma ti moitos non sabíamos deste tipo de iniciativas. Penso que é necesario achegar á xente o que pretender acadar como grupo, asociación… Con respecto ao dos grupos, penso que as persoas unidas conseguen maior número de oportunidades e maior número de obxectivos. Din que a unión fai a forza e eu son fiel ao dito.

  3. Concordo contigo, a unión fai a forza. Un grupo de persoas que comparte unhas ideas e uns obxetivos, sempre vai ser máis eficiente que se esas persoas loitan por separado.

  4. hortensia gesteira estévez

    O proxecto non está visibilizado correctamente porque supoño que poucos sabiamos da existencia deste proxecto. Por iso, eu considero que é fundamental a atrefa dos bolseiros de cada facultade para informar aos alumnos sobre as actividades que USC en Transición fai. Da man de persoas coma nós entendemos todo mellor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: