¿Quén vive ó outro lado da parede?

No lugar onde eu vivo coñecémonos todos, sabemos os nosos nomes, as nosas aficións, cantos anos temos… coñecémonos de toda a vida os uns ós outros. Ademais diso, nas nosas casas hai moita intimidade xa que están algo separadas as unhas as outras. Mais estes dous últimos anos da miña vida tiven a oportunidade de coñecer un novo lugar onde vivir: os pisos.

Agora non sei como se chaman os meus veciños e, se os atopo pola rúa, nin sequera os podería recoñecer pero o certo é que se da algo curioso que non se da cando a xente vive en casas. Eu vivo parede con parede cun total descoñecido pero, nos meses que levo neste novo piso puiden saber varias cousas del e non porque preguntara senón pola comunicación que se da entre paredes aínda sen querelo. Sei que é un home xa que a súa voz ronca atravesa de cando en cando as miñas paredes, que traballa polas mañás xa que se está duchando todos os días antes de que eu me erga, que posiblemente estea solteiro xa que moi rara vez se escoita unha voz feminina ó outro lado da parede…

As veces tamén me pregunto que poderá saber el de min, como me comunicarei eu a través da parede sen sabelo. De seguro que sabe que son unha estudante e que me gusta o rock español (porque desgraciadamente cando está en inglés non o entendo). Esta paréceme unha forma de comunicación moi interesante e que só se da en determinados lugares. E vos, sabedes ó lado de quen vivides?

Este último post queda adicado a el, por facerme compañía en tantas tardes de aburrimento coa súa vida ó outro lado da parede.

Pedrouso Areán, S2E, T3-A

Posted on 8 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Lucía Alvarez

    Jajaja Claudia que sentimental!, fala con él un día muller!. Xusto de algo parecido estaba a falar noutro post de Maru. Como ben sabemos nos pobos non fai falla intuir nada, porque nos enteramos de todo , moitas veces ao noso pesar. Alí é todo un núcleo moi pechado onde se interrelaciona moitas veces a familiia as amistades o traballo,os veciños, son persoas moi preto de nos e moi influentes; fórxase un entorno moi cercano e participativo. Polo xeral trátase de xente que se involucra motísimo máis nas relacións persoais que nas cidades.

    En Galicia ao mellor poderíamos falar de que se da nalgúns pobos a chamada solidariedade mecánica, onde os membro asemellanse porque experimentan os mesmo sentimentos, xa que tan adheridos aos mesmos valores porque recoñecen as mesmas cosuas sacras. É certo que e algo tópico pero aínda hai moitos pobos aferrados ás tradicións e que modelan patrois de conducta conxuntos.

    Por outra banda cando cambias de contexto e te vas a cidade, experimentas un cambio enorme!, en canto as relacións recanas e de profundidade as que estas acostumado fronte a esa independencia, “indiferencia” que se da nas cidades.
    Si escoitas si quoe é cero que podes saber moitas cousas da xent que te rodea e eles de ti. Pero xa dhe digo que esa cuiosidade e eses labores de dducción que ti fais non pobo xa non exestirían. Simpñlente a vez que o puideran coller á man diríanlle:oes nenín e ti de quen ves sendo? 😀 jaja

    • Anxela Pedrouso Areán

      Onde terás ti a cabeza Lucía? onde a terás? jajaja
      Pero si, as veces nos pobos coñecémenos todos tan ben que acaba sendo para mal. Por exemplo, a miña avoa moitas veces venme a contar os cotilleos dos rapaces do pobo da miña idade cos que xogaba de pequena pero perdín contacto polo que tampouco é que me interese a súa vida, pero ela faino… supoño que tamén porque non ten outra cousa que facer. E coma a miña avoa supoño que farán as dos demais e de verdade que non me gustaría que ninguén lle fora contando a ninguén a miña vida. Sobre todo porque de seguro que non atinaban nin unha, xa se sabe que temos 3 vidas “a que sabe a nosa nai, a que contan de nós e a de verdade” 🙂
      Logo si, algún día gustaríame falar co veciño da parede do lado… sei que este ano non será e o próximo tampouco (que estarei bailando sevillanas) pero en cuarto, cando volte, verei o que se pode facer! Aínda que se o coñecera perdería todo o misterio, é coma a nai dos fillos de “Como conocí a vuestra madre” non sei se o ves…

  2. Lucía Alvarez

    Anxe!!!! perdoa, jajaja e que lle acababa de comentar a claudia … e claro, liei todo.

  3. hortensia gesteira estévez

    Como ti ben comentas, deste home só chegaches a escoitar a súa voz e os ruídos que fai ao outro lado da parede. A min na residencia pásame o mesmo e sempre me deu intriga por poñerlle cara a esa persoa que vive ao outro lado da parede.
    Mentres escoitamos a alguén, na nosa mente fórmase unha imaxe imaxinaria del que vamos fornecendo e se un día lle vemos a cara de verdade, incluso chegamos a dicir: “anda, non era como eu cría”. Cousas do subconsciente.

    • Anxela Pedrouso Areán

      Agora mesmo acabo de lembrar que algo semellante nos acontece coas voces dos locutroes de radio. As veces témolos tan imaxinados que logo, cando un día os vemos por televisión levamos un chasco!
      Pero bueno, ti polo menos podes cruzarte na residencia coa xente, o meu “veciño misterioso” vive en outro bloque distinto do meu!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: