Unha festa comunica a esencia do seu pobo
Esta fin de semana pasada foi a Festa da Lamprea en Arbo, concello pertencente á comarca do Condado, veciño de A Cañiza de onde eu son.
Arbo é a vila da lamprea desde fai agora cincuenta e un anos. En 1961 celebrouse o primeiro día desta festa que agora conta con tanta tradición. De feito, xa en 2005 acadou o título de “Festa de interese nacional”. Pero, para lograr esa fama os veciños tiveron que traballar arreo para este recoñecemento. Os restaurantes da zona e os pescadores foron promotores anónimos pero a labor dos alcaldes de Arbo ao longo da súa traxectoria tamén foi vital.
Como dixo un día o xornalista Fernando Ónega: “benaventurados os que tedes un río que fai posible a lamprea; benaventurados os que tedes arte para sacala ada auga en largas noites de espera; benaventurados os que a tedes tan preto para facela un dos vosos patrimonios”.
A frase anterior resume moi ben todo o que é o proceso anterior á realización da festa propiamente dita. Durante a tempada de pesca, os pescadores da zona poñen as redes en cadansúa pesqueira e polas mañás ben cediño retíranas co desexo de ter moitas lampreas dentro. Aínda así, este ano malia estenderse o períodos de pesca ata o 12 de maio non hai case lampreas debido ás condicións climatolóxicas, non moi favorables para esta tarefa.
Grazas a esta festa, a vila arbense adquiriu grande importancia dentro do mapa galego. E son moitos os xornalistas, escritores e fotógrafos que veñen cubrir noticias ou reportaxes sobre este fenómeno: Cesáreo Sáenz Uriondo, Álvaro Cunqueiro, J. María Catroviejo, Cameselle…
Eu creo que ten que haber mil primaveras máis para esta festa e para todas aquelas que identifican un pobo. É algo que nos fai distintos dos demais, igual ca una personalidade.
Gesteira Estévez
S2D
2b1
Posted on 8 Maio, 2012, in Documentos and tagged Comunicación Local, Cultura, Curso 2011-2012, Documentos. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.
Este tipo de festas son polas cales un se sinte moi orgulloso de vivir onde vive, e polo menos a ti nótaseche no teu post. A verdade é que eu non escoitara falar da festa (ilusa de min…) e quen sabe, mediante o que escribiches puxécheme ganas de ir! As celebracións deste tipo deben seguir manténdose porque, de seguro, que na túa festa se volca todo o municipio e atrae a moita xente. A min pásame o mesmo coa miña localidade, cando todo o mundo colabora e ten ganas de manter viva unha celebración deste tipo as cousas funcionan e saen adiante.
Moitas grazas, Bea! a verdade é que desde fai uns anos sinto moita paixón por esta festa e pola vila de arbo en xeral. Oxalá te pases se tes algunha oportunidade porque, ao meu parecer, non ten desperdicio. E digo isto sen ansias de propaganda que eu son nativa do pobo veciño!
Galicia conta con moitas festas onde os produtos típicos dunha zona son os que destacan e a fan especial,diferente a outras.
Sinteste identificada con ese pobo, e iso nótase só con ler o que escribes del. A lamprea formará parte do pobo pero ti tamén por estar namorada da túa terra. Encántame que aínda haxa xente que desfruta da terra na que naceu, que non rexeita a súa comunidade e que reivindica o que nela se fai. A verdade é que os produtos dun lugar fannos partícipe del. Eu son da terra Chá e tamén sinto certo aprecio polos produtos da miña comunidade. Oxalá nunca rematen de facerse festas deste tipo porque son unha porta para dar a coñecer o significado dun pobo e da súa xente.
Grazas Lara. Claro que me sinto identificada con esa terra. Á fin e ao cabo, un lugar é o que é pola xente que disfruta nel.
Este tipo de festas son un gran orgullo a nivel persoal. O feito de querer manter viva a tradición axuda a que as persoas colaboren entre si e acurtan as distancias. Persoalmente non coñecía esta festa pero polo ben que falas dela haberá que ir algún día.
Paréceme moi interesante o que dis de que se acurtan as distancias ao colaborar neste tipo de eventos. Iso lévame a afirmar que na organización destas festas si que ten que haber un entendemento entre os colaboradores perfecto, senón xa non sae todo ben.