A miña primeira vez

Onte puiden comprobar de primeira man a importancia da comunicación interpersoal na vida diaria. Sei que lle pode ocorrer a calquera, é que un despiste te pode traizoar, e non é necesario ir a moita velocidade. Todo sucedeu sobre as sete e dez da tarde cando ía ó supermercado no meu coche xa que ó ver que chovía decidín ir e así poder cargar máis do habitual. En cuestión de minutos comezou a chover con máis forza e de súpeto apareceu un coche diante miña que se dispoñía a incorporarse a outra rúa. Eu nunha manobra áxil intentei esquivalo xa que o tiña enriba, con tan mala sorte de que a estrada mollada fixo o resto e produciuse o  golpe. Inmediatamente saín do vehículo para comprobar os danos e vexo a miña aleta dereita afundida, e pola contra o outro vehículo implicado só tiña pinchada a roda contra a que lle impactei e poucos máis danos. O estado de nerviosismo dese momento faise evidente e pregúntaste por qué ten que pasarche a ti, pero logo recapacitas e pensas que non houbo feridos e que só foron danos materiais. No outro coche ían dúas señoras xa maiores, unha delas era a que conducía, que en todo momento actuaron correctamente, sen alterarse nin faltarme ó respeto. De súpeto aparece o axente de seguros da boa señora, que de casualidade pasaba por alí. A sorte foi que eramos da mesma compañía de seguros o que axilizou o proceso. Co sucedido dinme conta da importancia de manter a calma nestas situacións e saber comunicarse co resto de afectados e, aínda que sempre me quede iso de poder telo esquivado por pouquiño as cousas pasan e non hai máis voltas.

Image

Leiro Magdalena

S2B 2A4

Posted on 9 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Como ti ben dis, manter a calma é algo inmensamente necesario pois de non ser así todo sería moito peor. Que arreglamos poñéndonos a berrar coma tolos?

    • tes razón, a prepotencia e os nervios non conducirían a nada, pero é esa rabia de pensar que nun segundo esnafraste o coche, pero que puido ter sido moito peor. É certo que o tempo non axudaba moito, e pensas que maldita a hora que decidiches ir ó super có ben que estabas na habita oíndo chover e lendo tranquilamente. Da rabia, pero hai que canalizala.

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Son poucas as persoas que reaccionan como o fixeches ti e como o fixeron as señoras. Noraboa pola actitude! Normalmente téndese a poñerse todo o mundo nervioso e a alterarse. Todo o mundo ten erros non? Ou é que alguén é perfecto? Iso pode pasarlle a calquera.

    • É certo que lle pode pasar a calquera. A amabilidade das señoras sorprendeume, e incluso colaboramos os dous para poñer os triángulos, o chaleco, e ata me axudaron a retirar o vehículo da calzada. Igual me viron cara de bó rapáz, e que eu disculpeime cando saín xa que intentei esquivalas sen éxito, senón o golpe puido ter sido peor.

  3. Lara Lozano Aguiar

    A calma é importante neste tipo de situacións pero imaxina que o golpe fose peor ou que hoube feridos? Eu se vexo a alguén ferido non dou contido a miña rabia. Se o golpe foi pequeno pois nada dar parte e pensar que ao fin e ao cabo so foi un arranxo no vehículo, que os chapistas dalgo teñen que vivir!

  4. seminariocomunicacion3

    Eu tiven xa varios accidentes, teño carne dende fai 16 anos. É na miña experiencia, é o tempo o que che da a calma, o saber estar, o reaccionar ben. Esta claro que a túa reacción foi moi boa, é atípico nalguen xoven que sacou carne recentemente reaccionar de esa forma. E con respecto ao coche hai outros, pero o teu corpo so un. Por tanto daños materiais os que queiras, pero persoais ningun. Segue así..Iván

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: