¿É obxectivo o obxectivo?

Si e non. O obxectivo dunha cámara é sempre obxectivo, claro que si, pois limítase a captar aquela realidade que ten diante. Pero detrás del hai uns ollos e, detrás destes, unha mente. Cando hai unha mente, unha persoa, hai subxectividade –aínda que sexa involuntaria. Penso que a estas alturas todos asumimos que a obxectividade non existe. Pero outra cousa é a manipulación. De feito, moita xente escúdase no primeiro para xustificar o segundo.

É certo que unha fotografía –mentres que non estea manipulada fotograficamente falando– mostra sempre unha realidade. Ninguén pode discutir que o que esta mostra aconteceu. No caso dun texto, por exemplo, pode que non consigamos expresar fielmente o que vemos. Nós podemos equivocarnos ó describir, pero unha imaxe non describe, amosa. Porén, volvendo ó que dicía ó principio, ¿o feito de fotografar aquilo que nós escollemos non é algo así como contar o que queremos? Unha imaxe nunca vai dicir unha mentira, pero pode non contar toda a verdade. ¿E isto é manipulación? Pois depende de cada caso e de cada opinión.

Por outra banda, cando un ten que contar algo cunha fotografía é como ter buscar un titular: debe sintetizar aquilo que se desexe comunicar. E aquí é onde entra o subxectivismo. ¿Quen decide se a parte seleccionada representa o todo? ¿Podemos falar de manipulación? A realidade non está modificada, pero quizais si que exista desinformación.

Este debate xurdiu na clase de Fotoxornalismo de hoxe mentres viamos imaxes coma as seguintes, pero deume a impresión de que quedou moito por dicir.

 

                                                                                              (Javier Bauluz, Pulitzer 1995)

                                                                                             (Kevin Carter, Pulitzer 1994)

Liñares García, GBCP.

Posted on 9 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    A verdade é que xa fai tempo que aceptei qque nas fotos non hai verdades absolutas. Acaso cando sacamos unha foto non facemos un encadre? aínda que isto non sexa manipulación sí que leva a amosar o que o fotógrafo quere como ti dis.
    Por outra banda, agora creo que xa tampouco se aceptan nos xuízos as fotografías como proba.

  2. Xa, pero independentemente de que haxa un encadre, o que sae na foto é auténtico. Entón, ¿por que tanta crítica? Creo que depende de como se interprete o significado dunha fotografía. Coa primeira foto que hai arriba, por exemplo, eu ó mellor non encabezaría unha noticia. Pero paréceme que como foto é unha xoia, un auténtico símbolo. E deixo claro que non polo feito de non escollela para acompañar unha noticia considere que non ten valor xornalístico, pois para min o xornalismo é moito máis que dar noticias.

    • hortensia gesteira estévez

      Eu digo que máis alá do encadre é certo que o que o fotógrafo sacou estaba aí. A esencia da fotografía é escoller uns elementos e rexeitar outros para así poder dicir o que o fotógrafo quere e iso é algo que non moitos entenden, considerando manipulación o que só é froito da práctica fotográfica.

  3. A iso me refiro. Tal e como digo no texto, sacar unha foto é como escoller un titular. É que precisamente, como ti ben dis, a esencia da fotografía é ter que elixir ese cacho de mundo nese instante de tempo. Pero aínda así, non son capaz de defender con toda a convicción que unha fotografía que non estea manipulada tecnicamente non poida exercer a manipulación. Porque, tendo en conta todo o anterior, unha fotografía pode ser responsable da desinformación, ¿ou non? Non sei, entroume esa dúbida na última clase de Foto e por moitas voltas que lle dou non son quen de defendela. Pero o que teño moi claro é que a fotografía permite verdadeiras marabillas e que o xornalismo non lle pode poñer límites a iso, porque -e aínda que isto soe un pouco “cursi”- o xornalismo tamén é marabilloso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: