Son todos uns lambóns

Esta é unha das expresións que se lle pode oír á maioría das persoas á hora de falar dun colectivo que cada vez ten menos popularidade: os curas. Que se son uns lambóns, que se o único que queren son cartos… O certo é que os sacerdotes están cada vez peor vistos pola sociedade, polo menos ao noso redor. O caso é que a Igrexa afirma que está a facer unha gran labor humanitaria e o que parece que a sociedade percibe é todo o contrario. Se cadra un dos motivos polos cales acontece isto é por titulares como este publicado fai xusto un ano no diario Público onde se da conta das cantidades que percibe a Igrexa do Estado. Por certo, o titular facía referencia a unha realidade e en tempos de crise esas cousas non sentan moi ben.

Probablemente a Igrexa teña dificultades á hora de comunicar as súas actividades pero tamén pode ser que o problema veña de atrás. Eu aínda lembro cando era pequeno e o cura da miña parroquia ía casa por casa pedíndolles parte da súa colleita aos veciños e veciñas. Todos os anos había que apartar unha certa cantidade de trigo para o cura, e millo, e ovos… Con eses costumes é difícil acadar a confianza de alguén.

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 9 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    A Igrexa é un tema moi controvertido. Pode ocorrer que si que axuden algo aos pobres pero que creo que nada comparado ao que eles como colectivo cobran de axudas.

    • Eu entendo que estean a facer un labor moi importante e seguramente os casos de corrupción sexan excepcionais pero algo deben de estar a facer moi mal para que a percepción da comunidade sexa a que é.

  2. E enterástete da historia do falso cura de Sevilla ?? estivo 3 anos oficiando sen que nin “Dios” se dese conta ! non é incríble?

    • A verdade é que non o coñecía. De todos os xeitos, neste caso o que lle bota “morro” é o falso cura. Por certo, xa podían ser boas as esmolas que recibía a parroquia porque segundo a Igrexa, non estaba na súa nómina.

  3. Bueno iso de que “rouban” do Estado non é nada se falamos de todos os que defenden a violación de menores e outros coma o Papa que mataron xudeus.. Que mira que me atopei curas bós, pero so debían ser estes dous porque visto o visto…

    Cres que todo son prexuízos? Eu creo que se deixaran que se casaran solucionaríanse moitos problemas. Menos o do diñeiro, tan só hai que ver que ben están casados todos os políticos e máis…
    Rego Rey

    • Lara Lozano Aguiar

      Estou contigo, se o matrimonio fose permitido para este colectivo moitos dos prexuízos acabaríanse, e de seguro que os curas tamén serían mellores persoas. Quero falar tamén do colectivo feminino, das monxas. Sorpréndeme que haxa persoas que adiquen a súa a vida a algo que non coñecen, a algo inexistente polo menos en materia… Pero aínda me sorprende máis que esas mesmas persoas se adiquen a roubar nenos, por exemplo, para sacer beneficios. A Igrexa está perdendo adeptos, e non me extraña porque día tras día as novas que saen á luz destas persoas son moi negativos.

    • En moitos casos si que hai prexuízos pero claro, é dificil non telos cos casos que aparecen case a diario. Por outra banda, o de que poidan casar non creo que solucionase demasiado a situación. Na práctica, aínda que teñen prohibido casar, moitos deles tenñen parella. Isto lémbrame un conto no que un cura lle dicía a outro: “Ti cres que veremos o día no que poidamos casar?” e o outro respondía: “Se cadra nós non pero ao mellor chéno a ver os nosos fillos.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: