Vivo con medo a ter unha fobia

A realidade supera a ficción e unha proba (máis) disto son as fobias.

Non é estraño que alguén sufra un medo desproporcionado ás alturas, aos lugares pechados, a voar ou aos animais. É medianamente comprensible tendo en conta que poden entrañar perigo. Pero hai algunhas fobias… insuperables!

Por exemplo a genufobia, ese temor ás rodillas que tanto padecen no Vaticano; ou a helenologofobia, o medo ás palabras gregas (canto dano puido facer o “jroña que jroña” de Danone); o medo aos allos, coñecido como alliumfobia (sabía que as cebolas facían chorar pero os allos non parecen tan malos); ou a sesquipedalofobia, o temor ás palabras longas (quen lle puxo o nome é pura maldade).

Bromas a parte, creo que a fobia máis grave é o temor á comunicación: a falar en público, a falar cos nosos superiores (mestres, xefes…), a falar con descoñecidos… Iso si que realmente condiciona a nosa vida, provoca delicadas reaccións fisiolóxicas (temblores, sudores, titubeos…), fainos escapar dese suposto perigo… É a primeira que temos que intentar superar pois a comunicación é unha función vital máis do ser humano.

Pérez Capelo, S2E, 3B2

Posted on 9 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Laura Quiñoy Montero

    Descoñecía por completo a genufobia e a alliumfobia, tes toda a razón, hai cousas ben raras!
    Como ti dis, bromas aparte, a fobia a falar en público si que me parece algo serio e preocupante pois é a forma de coñecer xente e de darse a coñecer tamén. Por exemplo existen persoas que teñen un montón de coñecementos e, cando teñen que dalos a coñecer ou explicalos, non son quen de facelo e iso si é algo realmente preocupante sobretodo cando se trata de profesores, por exemplo que buscan transmitir moitos coñecementos e non chegan ó seu público.
    Un post moi interesante María!

    • María Pérez Capelo

      O máis triste de todo iso é que os profesores, que nos achegan (ou deberían) sabiduría e coñecementos obxectivos e empíricos, non son capaces de cautivarnos como deberían. Pola contra, un sacerdote, por poñer un exemplo, que á fin e ó cabo é un responsable de comunicación dunha grande empresa, é capaz de mover masas…

  2. Rocío Quintana Fernández, S3E, 3B2

    Sin duda las fobias son un gran problema sean del tipo que sean y un obstáculo en la vida de los/as que lo padecen. En nuestro caso la más grave es el medio a expresarnos en público a que no funcione ese consejo de: imaginátelos a todos desnudos; el miedo al rídiculo o a quedarte en blanco.
    Superarlo es requisito imprescindible para dedicarse a la profesión de comunicadores y sobre todo, para poder establecer relaciones interpersonales y ganar en la relación intrapersonal. Porque para lograrlo se necesita tener una gran fuerza de voluntad y apoyo del entorno en el que te mueves.
    ¿Conoces algún método para superar esta fobia? ¿Sabes de algún proyecto o grupo de trabajo para superarlo?

    • María Pérez Capelo

      Pois non sei de ningún método eficaz nin de ningún poxecto que axude a superalo pero oxalá o coñecese porque teño que recoñecer que me da un pouco de reparo falar en público…
      Como ben dis, nesta profesión é conditio sinequanon superar este medo. Aínda así, creo que moitos comunicadores do panorama actual era mellor que tivesen algo de medo a falar en público, así non teriamos que escoitar moitas das sandeces que escoitamos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: