Daily Archives: 11 Maio, 2012
Menos para vivir mellor: Decrecemento
O meu último post quero dedicarllo a unha parte dos apuntes que Marcelo nos deu hoxe en clase. A pesar de que falar sobre o vídeo da Radio Comunitaria de Colombia (na que a xente pasou de ser simples ouvintes a ser actores da radio) podería ser moito máis interesante, prefiro falar dun proceso mencionado nos apuntes e que me chamou a atención: o acrecemento ou decrecemento.
De partida, debo recoñecer dúas cousas: a miña ignorancia pero tamén o meu interese respecto deste tema.
Os piares do acrecentismo aséntanse na defensa do ocio, o reparto do traballo, o triunfo da vida social sobre a lóxica da propiedade, a primacía do local sobre o global e a redistribución dos recursos a favor dos máis desfavorecidos. O seu obxectivo é, por tanto, unha sociedade onde se viva mellor, traballando e consumindo menos.
Parece que soa a utopía, a sociedade perfecta pero non vén de agora. Xa nos anos sesenta Illich e Castoriadis defenderon este proceso que, como todo, ten os seus detractores.
Algúns venlle dúas saídas: unha elaborada de xeito ordenado voluntaria e racionalmente, e outra culpable do encarecemento da enerxía e do cambio climático.
O acrecemento tamén é obxecto de crítica na actualidade debido a que hai xente que cre que a simple desaceleración do crecemento económico producirá un aumento das taxas de paro e empeorará, aínda máis, as condicións de vida. Outra detracción máis procedente daqueles que pensan que é unha ideoloxía de ricos para ricos, sen aplicación posible nos países menos desenvolvidos.
Porén, eu creo que unha das principais causas da nosa actual situación económica é o empeño nestes últimos anos en acelerar o proceso económico (por enriba das nosas posibilidades) só por igualar as demais potencias europeas. Quizais xa é hora dunha paralización. Non falo de ir cara atrás, senón de frear isto que xa se nos foi das mans.
Aquí vos deixou un vídeo de Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política, sobre “O decrecemento como alternativa”:
Díaz Villaverde S2A, 2A3