Menos para vivir mellor: Decrecemento

O meu último post quero dedicarllo a unha parte dos apuntes que Marcelo nos deu hoxe en clase. A pesar de que falar sobre o vídeo da Radio Comunitaria de Colombia (na que a xente pasou de ser simples ouvintes a ser actores da radio) podería ser moito máis interesante, prefiro falar dun proceso mencionado nos apuntes e que me chamou a atención: o acrecemento ou decrecemento.

De partida, debo recoñecer dúas cousas: a miña ignorancia  pero tamén o meu interese respecto deste tema.

Os piares do acrecentismo aséntanse na defensa do ocio, o reparto do traballo, o triunfo da vida social sobre a lóxica da propiedade, a primacía do local sobre o global e a redistribución dos recursos a favor dos máis desfavorecidos. O seu obxectivo é, por tanto, unha sociedade onde se viva mellor, traballando e consumindo menos.

Parece que soa a utopía, a sociedade perfecta pero non vén de agora. Xa nos anos sesenta Illich e Castoriadis defenderon este proceso que, como todo, ten os seus detractores.

Algúns venlle dúas saídas: unha elaborada de xeito ordenado voluntaria e racionalmente, e outra culpable do encarecemento da enerxía e do cambio climático.

O acrecemento tamén é obxecto de crítica na actualidade debido a que hai xente que cre que a simple desaceleración do crecemento económico producirá un aumento das taxas de paro e empeorará, aínda máis, as condicións de vida. Outra detracción máis procedente daqueles que pensan que é unha ideoloxía de ricos para ricos, sen aplicación posible nos países menos desenvolvidos.

Porén, eu creo que unha das principais causas da nosa actual situación económica é o empeño nestes últimos anos en acelerar o proceso económico (por enriba das nosas posibilidades) só por igualar as demais potencias europeas. Quizais xa é hora dunha paralización. Non falo de ir cara atrás, senón de frear isto que xa se nos foi das mans.

Aquí vos deixou un vídeo de Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política, sobre “O decrecemento como alternativa”:

Díaz Villaverde   S2A, 2A3

Posted on 11 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 10 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    O que acontece en sociedades como a nosa é que chegamos a considerar case todo como indispensable. Antes, non había certos inventos que agora hai e non por iso non podían vivir. A riqueza é un xeito de vivir ao que te acostumas. Como se di, cando pasas de cobrar 500 euros a 1000 vives ben pero se acontece ao revés xa non podes vivir?
    Nas sociedades culturais hai un consumismo exacerbado e aínda que todos somos conscientes de que deberiamos frealo, escudámonos en que nos fai falla para vivir. A verdade é que ás veces deberiamonos parar a pensar na situación dalgúns países para darnos conta de que non vivimos tan mal (Europa digo). Aínda que isto, como ti ben dis, é moi utópico.

    • Yanire Díaz Villaverde

      É un afán de consumismo constante, Tensy. E creo, sinceramente, que o facemos (e eu a primeira) por imitar a países como EEUU ou Alemaña que non se conforman con nada. Pero moita culpa, como di Carlos Taibo, é da publicidade, que nos cautiva facéndonos ter necesidades que realmente non temos e animándonos a comprar cousas que acaban collendo pó nos estantes.
      Dende logo, este consumismo hai que paralo. Primeiro, porque non temos como sufragalo, e segundo porque nos está perxudicando máis que axudando. Non é bo telo todo nin loitar polo telo todo.
      Grazas por comentar! 😉

      • O mesmo afán creado, tamén é bon apuntar, que temos por chegar a seren os periodistas que non somos, nin que tampouco debéramos ser ou os que queren que sexamos. Desde logo, abandoar posturas como a competitividade meritorista e substituila pola reflexibilidade e a busca inmediata da experiencia social. Poderemos reflexionar sobre o periodista que queremos exercer? Mágoa do test que propuxen ao principio do cadrimeste e todo o mundo esqueceu. Ben pola experiencia que fixéchedes fóra das aulas que, máis menos, a algúns aprendeulles a sair do laio permanente e condescendente dun futuro máis que incerto.
        Un saúdo.

      • Yanire Díaz Villaverde

        Claro que non debemos chegar a ser os xornalistas manipulables e manipulados que buscan que sexamos. Pero ás veces tampouco está todo nas nosas mans. Se o mundo se move por intereses e se queremos loitar contra eles, teremos que loitar todos. Quero dicir, que se todos loitamos por unha profesión digna e pola experiencia social deberemos loitar todos e cada un de nós, pois se hai unha minoría que non o fai será ela a que saia beneficiada por eses que pagan por cubrir os seus intereses. É o dilema de pasar fame e ter dignidade, ou ser menos digno e telo buche cheo… Cadaquén escolle.
        Grazas por comentar!

      • Como di Taibo, non só el, depende máis que nada dunha actitude persoal e a permanencia nisa actitude diante do escandaloso da indignidade. Debera ser despreciabel que unha minoría ( haberá que ver se é unha minoría a que se aproveite) sexa manipuladora-manipulable, se a maioría mantén unha actitude digna e frontal. Hai que limitar tamen o seu atrevemento e denuncialo co que temos: coa palabra, e non necesariamente apelandolles a eles directamente (non é necesario), senon desmentindo a súa forma de comunicar.
        Creo que o INE fai unha estatística sobre a felicidade dos españois.
        Pero, de verdade, eu prefiro non vela. E menos nesta tesitura.
        Martínez Hermida CIC

      • Yanire Díaz Villaverde

        Vendo como está hoxe a Porta do Sol estráñame que esas estatísticas demostren tan sequera un ápice de felicidade nos españois.
        Un saúdo

      • Xa vai tempo que non sei de tales estatística, é certo. Creo que a última ves que escoitei dela foi no penúltimo ano de goberno de Zapatero. Hai un baremo que é o Happy Planet Index, que fai un ránquin de países.
        Unha cousa que di vostede nun dos comentarios referente aos xornalistas manipulables que me deixou pensando. Di vostede que ás veces non está todo nas nosas mans. Por suposto, pero entonces… estamos poñéndonos no seu lugar? Estamos decindo que podemos chegar inevitablemente a ser como eles depende das oportunidades que se nos apresenten? Que podemos ser tentados moi fácilmente? Se é así, non estamos falando de xornalismo. Estamos falando doutra profesión, de alquera outra profesión.
        Un saúdo.
        Martínez Hermida CIC

      • Yanire Díaz Villaverde

        Eu creo que a situación actual demostra que sí podemos ser tentados moi facilmente. A maioría dos xornalistas actuais, aínda que non estean de acordo, acaban vencellando o seu traballo a cubrir os intereses de quen lle paga pola simple razón de ter algo que levar á boca. Obviamente, sei que existen profesionais que van en contra deste “sistema” e que conseguen vivir igual, pero sábese que son moi poucos… De aí o que digo, que se non queremos ser así, se queremos ser xornalistas como maiúsculas debemos loitar TODOS.

  2. Moi recomendable o video de Carlos Taibo. Aínda que sexa para estudar o seu discurso, seductor como sempre. Nise contido a actitude de certos políticos e periodistas non sae ben parada. Pero pior parada sae a forma de vida que levamos. Interesante.
    Martínez Hermida CIC

    • Yanire Díaz Villaverde

      Son moi exemplificadoras as estatísticas que aporta Carlos Taibo sobre a felicidade dos estadounidenses. Ver como un país de, parece que imparable, desenvolvemento económico non é capaz, a pesar de todo o que posúen, manter felices á súa poboación. Gustaríame coñecer as estatísticas dun país menos desenvolvido porque seguro demostran que a felicidade non é de todo proporcional ó progreso económico da sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: