A cidade está ben en pequenas dósis, a pesar de que outros dirán o mesmo dos pobos;eu defendo a miña postura. Nos pobos é o sitio onde se pode atopar algo de indentidade, de carisma, non seguen un patrón arquitectónico fixo,mentres que nas cidades parecen todas o mesmo escenario , que se reproducen dun rincón a outro do planeta, edificios, luces…
Tamén cambia a forma que teñen os individuos de relacionarse entre sí. Walter Benjamin, xa explicaba as contrariedades que este tipo de asentamento provocaba no home, tan pronto se podía sentir só, como tragado pola urbe. Nela temos todas as posibilidades para desenvolver as nosas necesidades, pero pola contra, sucumbimos ante a opresión de formar parte dun modelo. Alí é moito máis sinxelo caer nos gustos das masas e deixarte levar, mentras que no pobo, eu penso que cadaquén pode desenvolver mellor o seu carácter sen este tipo de contaminación. O contacto entre a xente como di o sociólogo Louis Wirgh é superficial, anónimo, rápido. No pobo é moito máis denso e cercano, en moitos sitios o vecin e parte casi da familia e, tanto a él como a moita outra xente do pobo soen invitala a moitos acontecementos familiares, feito impensable na cidade.
Finalmente para mín o mellor é unha crianza no ámbito rural, estudo e traballo na cidade e a vellera xa se verá. Tamén e certo que a xente tende a pensar sempre que o pasado foi mellor, quizais por eso sempre queremos voltar os nosos orixes, maioritariamente ligados aos pobos.
Álvarez Gromaz Lucía S1F,1A3.