Aprendendo dos comentarios dos demais: os blogs

Ao longo da materia de CIC puiden compartir moitas impresións sobre diversos temas e iso fortaleceu a miña capacidade de expresión e de interactuar cos demais.

Porque o blog ten esa capacidade de ser un inmenso diario no que todas as opinións teñen cabida, no que un tema pode fornecerse de tantas visións como persoas o comenten e iso é o que fai que aprendas no día a día.

Existe un debate na actualidade en torno a se as novas tecnoloxías son ou non boas para o exercicio do xornalismo. Hai partes positivas e negativas, pero o que si está claro é que os blogs coma o desta materia favorecen o debate e poden levar a un paso adiante no xornalismo participativo e cívico do que tanto se fala na actualidade.

A través dun blog podemos expresar as nosas inquedanzas, as opinións sobre un tema de actualidade, dar a nosa visión sobre algo e iso é o que fai enriquecedora a nosa actividade.

Parece que cada vez máis, os profesores optan por este tipo de ferramentas para espertar o espírito creativo dos alumnos máis alá das clases teóricas. Estar ao día comentando e mirando os post  dos demais levounos a ter unha dinámica máis activa na materia, algo que ten moito que ver coa nosa futura profesión e coa nosa labor como cidadán críticos.

E para rematar, recordo que o profesor de ciberxornalismo da USC e director do portal web do Consello da Cultura, Manuel Gago, di que é necesario que todos os xornalistas ou futuros xornalistas teñan un blog xa que este xera traballo e unha retroalimentación cos demais.

Gesteira Estévez

S2D

2b1

Posted on 12 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. O blog foi unha ferramenta moi boa na que puidemos expresarnos libremente e debatir cos demáis compañeiros. Ademais na miña opinión é unha ferramenta útil a nivel educativo e que acabará sendo fundamental para a nosa futura profesión.

  2. hortensia gesteira estévez

    Eu creo que os blogs máis que serán xa son parte do noso futuro como xornalistas. Creo que deberiamos poñer en marcha un blog para darnos a coñecer e formar firma pouco a pouco. Recordo aquela historia dunha persoa que escribía un blog deportivo e despois a chamaron para ver se podía traballar para un xornal.

  3. Beatriz Yáñez Castro

    Moitos xornalistas teñen xa o seu blog, moitas veces ligado ao medio no que traballan. Para ter un blog hai que telo activo, ten que ter contidos e interpretación. Porque non sei se a vós vos pasou algunha vez o feito de que cando buscades información ledes posts de blogs que non están actualizados, parece que “perde” xa a súa vixencia. Por iso, creo na miña opinión que ter un blog precisa dun compromiso e dunha dedicación.

    • hortensia gesteira estévez

      o do compromiso e da dedicación é ben certo. Para facer blogs inútiles, mellor permanecer no anonimato.

  4. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Siempre he estado en defensa de los blogs, y más aún de su uso como espacio de libre expresión. Como dice Bea, cierto es que necesita mucha dedicación, y más aún para que la gente lo conozca y pueda llegar a interactuar con él. Pero creo que merece la pena intentarlo y poner a funcionar una bitácora propia, con el contenido que sea, creo que siempre nos aporta algo. Y si aún encima se lo aporta también a los demás, genial!

    • hortensia gesteira estévez

      O máis bonito dos blogs, na miña opinión é esa interacción que xeran cos demais. Se facemos algo que nos gusta e logramos obter un público que nos lea, iso será o máis gratificante.

  5. andreagestalgonzalez

    Eu, por exemplo, este blog fíxeno a partir dunha asignatura. Xa tiña outro blog e é o que emprego, pero recoñezo que é moi bo compartir coa xente. Xa sexa unha poesía ou unha fotografía, ata unha crónica. Creo que aos blogs non se lles da tanta importancia como a que de verdade teñen en realidade. Moita xente se ve coa “gran capacidade” de sentenciar: “Nun blog non hai información segura, pode ser ata falsa”. Non sigo que non, pero por exemplo hai blogs moi bos, como o de Enrique Dans ou Ramón Lobo.
    Non todo o que sae nos xornais é certo, mesmo recordo que hai nada, El País dixo no seu twitter que comezara unha Guerra Civil en Portugal. Non era certo e nas redes sociais montouse unha gorda.
    Creo, que os blogs son perfectos para os xornalistas e para todo o mundo, xa que podes expresar as túas ideas, sen estar condicionado polo editorial que podería haber nun periódico.
    Os blogs, descubren cousas apaixoantes e aínda temos moito por aprender deles.

  6. Pois xa que mencionas a Manuel Gago, teño que dicir que neste caso ten toda a razón do mundo. Eu polo que teño observado nos case dous anos que levo na facultade hai moita xente que se queixa de non teren un medio de comunicación no que poidan expresarse con liberdade e non se dan conta de que agora témolo moito máis doado para crear o noso propio medio. Crear un blog e mantelo con contidos interesantes, atractivos e ben ordenados é seguramente a mellor opción. Precisamente Manuel Gago non só nos invita a que creemos o noso propio blog senón que el mesmo nos dá exemplo: http://www.manuelgago.org/blog/

  7. hortensia gesteira estévez

    Efectivamente, se temos cousas interesantes que contar eu creo que atoparemos un lector na rede que invirta o seu tempo en ler os nosos blogs. Aínda así, non se pode pretender ter un blog e escribir calquera cousa sen interese. Así non teremos retroalimentación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: