E ti, de que libro es?

Segundo un estudo da Universidade de Ohio cando nos perdemos nun libro e nos seus personaxes podes chegar a cambiar o teu comportamento e pensamentos polos dun personaxe do libro, para sentirte identificado con el.

Segundo as consideracións deste estudo, a literatura, como proceso comunicativo entre o escritor e o lector, aínda ser lineal e non permitir na meirande parte das veces unha posterior interacción, pode seguir formando unha parte de nós. Así, como os lugares e as persoas. Pois con todos eles establecemos unha interacción, a formación do eu a partir do nós.

Reflexionando sobre isto, podemos levalo un pasiño máis alá. As referencias culturais que adquirimos a partir de certas obras literarias poden ser máis propias dun lugar  como cando comparamos a alguén co pai de Migueliño ou algo máis universais como cando se teñen dilemas como os de Hamlet.

A literatura como ese elemento que pode facernos a todos un pouco máis iguais pero tamén completamente diferentes. Por cantos libros estamos formados? Que libros forman parte de ti?

Estes son algúns dos meus 😉

I don’t even know what I was running for – I guess I just felt like it. O guardian entre o centeo

Nunca olvidaré a la primera persona que, al cabo de cuarenta años, reconoció en mi ciudad a Amparo Miranda. Irse de Casa

There is nothing either good or bad, but thinking makes it so. Hamlet

What came first, the music or the misery? Alta fidelidade

Bragado Paz, GBCP

Posted on 12 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    A verdade é que a literatura, como dixo Freixanes, é algo que algunha xente precisa como respirar. Para min é así. Aínda que non me acorde minuciosamente de todo o que leo, si que considero que a literatura fortalece o noso saber. A cultura é algo que queda cando esquecemos todos os títulos de libros e quedamos só co aplicable á vida, dixo alguén que non recordo. Para min, esa interacción entre o escritor é o lector é a clave dun libro porque sen lector o escritor non triunfa.

  2. Non creo que sexa relevante se o recordas normalmente ou non, senón como un proceso progresivo.. aos poucos, un día algo que fas ou ves lembrarache a un libro, a un personaxe. Pero cecais ese día tarde anos en chegar.
    No referente á interacción ou non co escritor creo que esta, aínda que non se produza, si que existe virtualmente. Polo menos un pequeno retorno cara eles, aínda que sexa facendolles referencia ou pensando en como sería falar con eles 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: