A cidade está ben en pequenas dósis, a pesar de que  outros dirán o mesmo dos pobos;eu defendo a miña postura. Nos pobos é o sitio onde se pode atopar algo de indentidade, de carisma, non seguen un patrón arquitectónico fixo,mentres que nas cidades parecen todas o mesmo escenario , que se reproducen dun rincón a outro do planeta, edificios, luces…

Tamén cambia a forma que teñen os individuos de relacionarse entre sí. Walter Benjamin, xa explicaba as contrariedades que este tipo de asentamento provocaba no home, tan pronto se podía sentir só, como tragado pola urbe. Nela temos todas as posibilidades para desenvolver as nosas necesidades,  pero pola contra, sucumbimos ante  a opresión de formar parte dun modelo. Alí é moito máis sinxelo caer nos gustos das masas e deixarte levar, mentras que no pobo, eu penso que cadaquén pode desenvolver  mellor o seu carácter sen este tipo de contaminación. O contacto entre a xente como di o sociólogo Louis Wirgh é superficial, anónimo, rápido. No pobo é moito máis denso e cercano, en moitos sitios o vecin e parte casi da familia e, tanto a él como a moita outra xente do pobo soen invitala a moitos acontecementos familiares, feito impensable na cidade.

Finalmente para mín o mellor é unha crianza no ámbito rural, estudo e traballo na cidade e a vellera xa se verá. Tamén e certo que a xente tende a pensar sempre que o pasado foi mellor, quizais por eso sempre queremos voltar os nosos orixes, maioritariamente ligados aos pobos.

Álvarez Gromaz Lucía S1F,1A3.

http://www.youtube.com/watch?v=O9I3502b3co&feature=related

Posted on 12 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Creo que cada persona tiene sus preferencias, como bien dices, y que ni uno ni otro es mejor. Pero en cuanto a la “intimidad” de los pueblos, sí que pienso que toda persona debería conocer esa sensación y aprovecharla para comunicarse consigo mismo, y con otras personas que tienen otra mentalidad a la de ciudad y que, en muchas ocasiones, son más cercanas. Y eso es algo que me gusta tener de vez en cuando y por eso me gusta estar en donde se ha criado mi padre.
    Pero personalmente, me gustan los medios de los que disponemos en la ciudad, las posibilidades de ocio que tenemos aquí. Y aunque a veces es difícil, creo que el saber conocerse y encontrarse a uno mismo rodeado de tanta gente (que no personas), es posible y muy satisfactorio. Encontrar esa identidad a pesar de las posibles influencias y confusiones que se pueden crear entre tantos habitantes. Y en caso de crisis, sí es verdad, tiramos para el pueblo otra vez.

  2. Laura Quiñoy Montero

    En primeiro lugar, marabilloso vídeo e marabillosa película.
    Para seguir dicir que estou dacordo contigo en que é máis fácil caer nun estereotipo nunha cidade ca nun pobo mais isto tamén depende da personalidade da persoa.
    Se ti tes as cousas claras e queres vestir dun xeito ou falar noutro idioma (por exemplo falar en castelán nun pobo no que todo o mundo fala galego) valo facer igualmente pero, como digo, fai falta ter unha personalidade moi marcada e as cousas claras.
    Persoalmente, eu sempre vivín nun pobo, un pobo pequeno mais teño que dicir que a cidade sempre me chamou moito a atención. Hai outras posibilidades de ocio, como ben dicía Arantxa, e sempre vas atopar algo que facer. Agora ben, a tranquilidade que hai nun pobo non nola vai quitar ninguén e iso sempre se agradece.

  3. Aranch,claro que temos que ter en conta a diversidade e a multiplicidade de opcións que existen nas cidades, pero a mín sempre me pareceu moi individualista a pesar da cantidade de xente que hai nela.
    Ademais Carlos García Vázquez xa apuntaba a visión da cidade coma lgo dual, onde se preoduce unha transformación radiacal no mercado que instala unha lóxigica desigualitaria. Hai unha grande segregación, non é o mismo vivir nuns barrios que noutros;ou facelo no centro que nas aforas. A cidade está movida pola competencia económica con outras cidades, por conseguer máis mercado e crecemento. Todo isto lémbrame á obra de Adolf Huxley; un mundo feliz; que nos amosa unha vida chea de automatismos e de mecanización, pensando sempre en sacarlle o máximo partido ao individuo, onde hai unhas clases establecidas, casi inamoivbles. Este é un feito moito máis característico da cidade que dos pobos, xa que é onde se da a industrialización e os negocios.
    Aínda así,Laura que dicir, comparto todo o que dis, é bencerto que lle emos que conceder unha pequena licencia a cidade non podemos illarnos nunha burburlla; necesiamos os dous ámbitos
    Deixo aquí outro video onde se pode ver a experiencia de dúas persoas que tiveron que migrar á cidae e ao revés; e nos contan as diferencias enter pobo e cidade. Esta moi ben é moi cercano e aporta realidade, e dicen moitas cousas que pensamos todos.

  4. Eu considerome afortunada, porque vivo e vivín toda a vida nunha parroquia ó lado de Vigo, Valladares. Isto ten as ventaxes de ambas cousas: a familiaridade, a tradición, saber que é saír ó camiño a xogar, pero tamén coñeces moi de preto o ambiente dunha cidade coma Vigo. A cidade tampouco vale para min, pero non comparto o que dixeche: os pobos tamén son uns “iguais a outros”, é dicir, tal como as cidades teñen as mesmas estruturas e lugares emblemáticos, os pobos teñen a súa igrexa co seu adro, a fonte, etc.
    Eu creo que o encanto que ten, é a liberdade: tranquilidade, espazo, e pertencer a unha comunidade concreta.

  5. Moi ben, tamos de acordo nalgunhas cousas :). Defendo de novo o meu argumento xa que as fontes e do que ti falas, é algo qeu non se pode cambiar e que hai tanto en cidades como en pobos. A fonte constitue simplemente un elemento necesario para a vida cotiá;sobre todo nos tempos de antes. Digo que é diferente no sentido de que un pobo mira menos onde establecerse que unha cidade, as súas construccións van máis “ao chou” por así dicilo.Por iso é polo que digo que favorece a diversidade, porque non hai ningún poboo que sexa igual nin parecido casi; e por iso temos un punto de ver este efecto diferente. O que é xenial porque dá conta da naturalidade das nosas opinións que a pesar de estar dacordo cunha base diferimos noutros termos secundarios. Aí é onde se identifica unha persoa,nas discordancias, xa que cada un de nos temos unha experiencia particular das cousas, construida á súa vez por outros moitos caracteres; que fai que podamos aprender continuamente uns de outros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: