Os medios comunitarios

Podemos entender os medios de comunicación como algo que nos proporciona información de xeito regular sobre o que acontece no mundo. Na maior parte das ocasións isto é así pero deberíamos tamén ter en conta os chamados medios comunitarios.

Os medios comunitarios, como Radio Favela, achégannos a información da nosa zona e, polo tanto, a que máis nos afecta no noso día a día. Este tipo de medios permite que todos poidamos participar na elaboración da información converténdonos deste xeito e parte do proceso comunicativo.

Pero tamén cumplen outra función: axudan ás persoas. Como se amosa no vídeo sobre a Rexión de Margarita as veces este tipo de medios tamén son unha forma de escape das persoas con respeto á súa vida cotiá. Cando teñen un problema pódenllo contar a todos mediante a radio, o xornal ou a televisión comunitaria (este último tipo de medio é o menos habitual posto que é máis custoso) e apoiarse no que lle digan os demais. Tamén serven para tratar aqueles temas “tabú” ou que non están ben considerados pola sociedade, no vídeo explícase que isto acontece con frecuencia xa que na Rexión de Margarita non teñen unha total liberdade e empregan estes medios para expresarse abertamente.

En definitiva, os medios comunitarios están feitos por e para a comunidade. Son un bo exemplo da axuda do colectivo por crear algo propio e manterse deste xeito ó marxe de influencias e presión políticas, económicas e sociais. E, apesares de que seguramente moitos deles non cumpran coas regras formais básicas do xornalismo o máis problable é que sexa este tipo de medios o que máis respecte aqueles principios da liberdade de expresión que tanto temos en falta no noso día a día.

Pedrouso Areán, S2E, T3-A

Posted on 12 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. A rexión de Margarita? Non, é a rexión do Magdalena medio, en Colombia. O documental de Alfonso Gumucio se titula “Voces del Magdalena” y lo puede ver en YouTube.
    Martínez Hermida CIC

  2. Rocío Quintana Fernández, S3E, 3B2

    Los medios comunitarios son los únicos medios que a día de hoy cumplen la función de servicio a la comunidad que en teoría, atienden todos los medios, incluidos los mass media. Son un buen ejemplo de cómo los medios pueden colaborar y ayudar a la sociedad a evolucionar y avanzar culturalmente sin abandonar las raíces y las tradiciones de nuestros orígenes. Favorecen la comunicación interpersonal: aprendiendo a los niños a comunicarse, a ganar confianza en sí mismos y adquirir una mayor formación cultural; y a los mayores, a solucionar sus problemas en la comunidad sin acudir a la violencia o denunciando ésta si se produce.
    Son como dije un buen ejemplo, cuando no debería ser así, porque debería ser algo a lo que estuviéramos acostumbrados y no algo excepcional que nos llama la atención.

    • Anxela Pedrouso Areán

      Os medios de comunicación non son algo individual que cada un poida ter un para si mesmo senón que son algo colectivo. Poi iso penso que todos debemos ser dalgún xeito partícipes nos medios de comunicación xa que son algo de todos e para todos. Non quero dicir que calquera se poda meter a presentador de televisión nin a columnista porque si, que iso é intrusismo laboral e a dignificación da profesión tamén está aí, simplemente estou algo farta de tanta fonte oficial, de tanto secretismo e de tanta carallada….
      Todos temos voz e dereito a que se nos escoite!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: