American Way of Live

Penso que non hai mellor película para desmitificar a lexendaria industria creada ó redor do estilo de vida americano. Unha tradicional forma de vida que senta as súas bases en vivir das apariencias, do éxito económico. Un modelo que América vendeu a Occidente e que estes, á súa vez, non tardaron en asumir e venerar ata a última expresión.

Un cativador home da casa, cun bo traballo encargado de traer os cartos ó fogar. Unha compracente e atractiva muller que deixa de lado todo afán de realización persoal por cumprir co seu labor: coidar dos fillos. E a descendencia, que se debe encargar de conseguir bos resultados académicos e ser popular a partes iguais.

Estados Unidos convértese no epicentro das frustracións individuais, do consumismo, da hipocrisía e da represión sexual, e atopan neste film do británico Sam Mendes, a mellor forma de expresión. Unha traxicomedia, dende o meu punto de vista, que reflicte á perfección o labirinto interior no que o estilo de vida norteamericano, convertido no seu gran antagonista, atrapa a cada un dos personaxes facendo que as súas procuras de escapar do emblema que os viu nacer,  os acabe conducindo a un final máis dramático se cabe. Recoméndovos que a vexades e opinedes.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Matilde Vázquez Peón

    Muy interesante este post. Efectivamente American Beauty es una gran película que recomendaría a todos. Se utiliza la crítica como forma de reflexión acerca de las costumbres americanas caracterizadas por el consumismo y el ansia por el poder.
    Os recomendaría también la siguiente película, con un género muy diferente a la anterior, Joel Gallen ridiculiza el estilo de vida americana que pretenden reflejar las producciones audiovisuales día a día.
    Espero que disfrutéis la siguiente parte:

  2. Non coñecía esta película, pero grazas, o momento de parodia a American Beauty fíxome moitísima gracia. Realmente aprecio este tipo de películas xa que, en certo modo, non só é difícil recoñecer os defectos de cadaquén e rirse deles, senón que estes autores tamén son capaces de facer unha boa parodia no film. Humor con contido, esa é a clave.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: