Comunicación e desenvolvemento

En relación ó documental visionado na última clase expositiva, quixen realizar un exercicio de abstracción e pararme a analizar o que verdadeiramente un entende despois de estar a realizar e ver proxectos sobre estes dous conceptos durante un cuadrimestre enteiro. Estas son as miñas conclusións:

En primeiro lugar, o proceso comunicativo sería incapaz de entenderse sen as relacións interpersoais. O desenvolvemento individual do home, que por unha banda adquire experiencia social e histórica día a día e, pola outra, mediante a comunicación entre as persoas está condicionada non só por el mesmo, senón por todos os individuos cos que se relaciona e está en contacto. Polo tanto, o proceso comunicativo, ademais de ser imprescindible para o home é, ante todo, enriquecedor e transformador para a súa personalidade.

En segundo, cabe aclarar que o desenvolvemento é un proceso que non só se debe entender como foco de melloras económicas ou tecnolóxicas, senón que trae sempre da man o benestar social. Durante o desenvolvemento das nacións leváronse a cabo moitas melloras técnicas e mesmo científicas mais, a un nivel intanxible, penso que comparativamente as melloras sociais, as melloras no mundo da comunicación son máis e mellores. Nace un intercambio non de bens, senón de ideas que renovan e fan renacer crenzas e pensamentos. Cambios na forma de vida non só traídos da man dos cambios tecnolóxicos, algo que nos permite desmitificar un pouco o progreso como se entende ata agora e pasar a ter máis fe no ser humano. Algo que ultimamente está gañando a pulso moitos escépticos.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. “Dime con quen andas e direiche quen es”. Estou totalmente de acordo contigo, Emma. As relacións interpersoais forman, en gran medida, a nosa personalidade. O ser humano é un reflexo do seu contexto temporal e espacial. Nas últimas décadas logramos conseguir o cuestionado “Estado de Benestar”. Esta situación veu, como ti dis, da man de melloras económicas e tecnolóxicas que repercutiron, indubidablemente, na sociedade. Agora ben, corremos o risco, sobre todo cos recortes que se están a dar na actualidade, de que ó desenvolvemento económico e técnico non lle siga un desenvolvemento social. Debemos ter sempre presente que o fin último é a sociedade e a súa autorrealización. Sacrificámonos para desenvolvernos económica e tecnolóxicamente ou desenvolvémonos económica e tecnolóxicamente para autorrealizarnos?
    É unha cuestión que deixo no aire.

  2. Contestando á túa pregunta, penso que a mellor opción podería ser a primeira, “sacrificarse para desenvolverse economica e tecnoloxicamente”, xa que só unha vez sentadas as bases e os medios, poderemos autorrealizarnos -o seguinte nivel-. Sen, como mínimo, as necesidades económicas cumpridas non podería pensar en tratar de levar a cabo a satisfacción social. De feito, nunha enquisa de rúa que fixo El Intermedio preguntáballe á xente a que estaría disposto a renunciar en tempos de crise a cambio dun bo salario, se non recordo mal estas eran as opcións: ó dereito de vacacións pagadas, ó dereito de voto, ó dereito de xuntanza ou ó dereito de liberdade de expresión. Despois de moito pensalo, a maioría respondía liberdade de expresión. Sorprendeume moito a facilidade coa que o dicían algúns, porque é algo que hoxe damos por sobreentendido, pero que custou anos de loita. Iso é, claramente, porque en tempo de vacas fracas, estamos antepoñendo as necesidades económicas ás de calquera outro tipo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: