Creemos unha radio comunitaria, USC na onda

O venres vimos na clase expositiva un documental que versaba sobre a comunicación representada polas radios comunitarias. Segundo se infería do vídeo, estas radios pretendían solventar unha problemática social propia da comunidade que cubrían, así como convertir ao oínte en actor. Esta nova perspectiva resulta moi interesante desde o eido do xornalismo, pois ao meu modo de ver, permite democratizar os medios de comunicación. Nun contexto onde as emisoras, canles de televisión e xornais se atopan completamente supeditados a ideoloxías políticas e axentes económicos que buscan de todo menos o rigor xornalístico, esta idea parece encadrar á perfección. As emisoras e os medios de comunicación comunitarios preocúpanse por problemas locais, que lles afectan aos individuos máis cercanos a ela, e fomentan a convivencia e a participación. En España creouse unha rede que busca potenciar esta idea, que xa está a triunfar en Latinoamérica. Estou a falar da Rede de Medios Comunitarios, fundada o 24 de maio de 2009 e que ten a súa sé en A Coruña, coa emisora Cuac Fm. Esta radio está xestionada por un conxunto de alumnos da Universidade de A Coruña e, baixo o eslogan, Nada que ver, fomenta os valores das radios comunitarias. Os alumnos que forman parte dela teñen a oportunidade de expresarse libremente, sen estigmas políticos, ideolóxicos ou económicos.

Este tipo de iniciativas poden configurar o futuro da nosa profesión, ultimamente castigada pola falta de profesionalidade dalgúns xornalistas e a contaminación dos medios para os que traballan. En palabras de Tomás Legido, locutor de Cuac Fm, “non queremos ocupar todo o espazo, so queremos caber”.

Credes que iniciativas coma a da Universidade de A Coruña podían iniciarse na USC?

Salgado Santos, GBCP, 4A2

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: