Grândola, vila moreeena, Terra da Fraternidaaade!

O pasado día 10 de maio tiven a oportunidade de asistir á homenaxe a Zeca Afonso, compositor e músico de orixe lusitana e principal sinal no inicio da Revoluçao dos cravos.

Un sin fin de artistas fiaron as tres horas dunha noite chea de xenreira, nostalxia e sentimento. Moitos nomes coñecidos no ámbito galego foron os protagonistas do festival que tivo lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Sen embargo a interación entre os que estaban arriba e os que estabamos abaixo foi o máis emocionante na velada. Cánticos, bágoas e recordos encheron os ollos do público, sobre todo do máis maior. A melodía dos artistas procedentes de varios sitios de Galicia, Portugal, Palestina e Angola; o sketch do Grupo Teatral Chévere e as andanzas na cidade compostelá, concretamente no Burgo das Nacións e na súa viaxe á capital francesa dun Zeca sempre novo, espertaron os sentimentos do colectivo que alí estabamos, e entre todos pechamos a noite coa man no corazón conmemorando os 40 anos de Grândola, Vila Morena, peza revoluçionaria nacida en Compostela.

Vázquez Peón, S3A, 4B1

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: