O desenvolvemento tamén se transmite polas ondas

O venres 11 de maio, mentres viamos o documental “Voces del Magdalena” de Alfonso Gumucio, veume á mente o traballo que está a facer Agareso. Esta organización galega, que eu descubrín grazas ao traballo ProT, estivo, e segue a estar, traballando en proxectos similares aos que vimos no documental. En concreto, no verán de 2011 estiveron na rexión do Baixo Lempa, en El Salvador.

Con este proxecto, no que colaboran con ACPP (Asemblea de Cooperación Pola Paz) e Cordes, visitaron sete escolas nas que gravaron outros tantos programas de radio para logo seren distribuídos nas distintas radios comunitarias da zona. O obxectivo era promover a pesca sostible ademais doutras iniciativas ecolóxicas e, sobre todo, sensibilizar a comunidade sobre a necesidade de preservar os recursos naturais existentes na súa contorna.

Se alguén ten curiosidade, a asociación creou un blog onde se poden escoitar algúns cortes de audio dos programas que alí se gravaron. Por outra banda, tamén están a preparar unha nova viaxe ao país centroamericano, nesta ocasión para traballar con algunha das radios comunitarias existentes. E tamén lle podedes botar unha ollada a algún dos vídeos que Agareso gravou na súa estancia en 2011.

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: