O galego que se fala fora de Galicia

O galego ademais das utilidades para a comunicación en Galicia ten moitas utilidades que non nos damos de conta. O pasada fin de semana fun ata Portugal e dinme conta de que o saber galego e unha gran axuda nestes casos. A diferencia doutros españois que víamos que lles era complicado comunicarse con eles, ou xa simplemente non o facían, nos entendiamonos case á perfección.

O caso deste pasado fin de semana, soamente foi un pequeño exemplo dunha situación que podemos vivir noutras ocasións, ou chegar até o punto de depender deste idioma. Tal e como están as cousas neste país moitos de nós estamos obrigados a buscarnos un futuro fora cando aquí non somos quen de atopalo. Ainda que a maioria de saídas son cara a europa, tamén hai que ter en conta outros países que están en forte crecemento. Ainda que emigrando cara a Portugal a situación sería semellante ca en España, en moitos outros lugares falase tamñen portugués, por exemplo en Brasil, un país que está en forte auxe.

O caso é que non nos damos conta do que nos pode valer esta lingua, e do fácil que o temos. Actualmente o galego e falado por pouca xente, e entre os universitarios, que son os que principalmente saen a fora buscar un traballo, ainda é menos. Non é unha cuestión de saber falar galego normativo nin un galego perfecto, ainda que mellor sería, pero simplemente con sabelo falar é unha porta máis que se nos abre, ou que nos é máis doado de abrir. Por esto debemos aproveitar esta baza que temos e que moitas outras persoas non teñen.

Salgado Fernándes, Gutier S3A

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Miriam Varela Fernández

    Estou totalmente de acordo contigo en que o galego está a sufrir unha situación de esquecemento e mesmo de desvalorización por parte da sociedade, unha situación que, como ben sabemos, vén de anos atrás. Que debemos ser conscientes do privilexiados que somos por contar cunha lingua propia que nos abre portas dentro e fóra das nosas fronteiras, como pon de manifesto o exemplo que ti achegas. Pero isto último é aplicable a tódolos idiomas eu creo; toda lingua é unha riqueza cultural, que unha vez aprendida se converte nunha riqueza persoal para un mesmo, nunha chave ante o resto do mundo, nunha chave para o día a día. O que debemos é coidar e conservar esas chaves, especialmente a nosa: o galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: