Qué é un tolo?

Neste último post do curso gustaríame  falar do libro de Paulo Cohelo: Verónika decide morrer. Paulo Cohelo é un autor ao que admiro e este best seller en concreto fíxome desfrutar aínda máis si cabe da súa escrita. Case todas as súas obras están cheas de leccións morais e sentimentalismo e, como é xornalista, comunicase co mundo a través delas. É un escritor que nos invita a reflexionar sobre a vida e sobre as costumes da sociedade. Neste libro, narrado dende a experiencia persoal, o autor quixo tratar un tema moi pouco coñecido pola sociedade: a loucura.

Veronika é a protagonista, ten soños e desexos parecidos ós de calquera rapaza da súa idade. Aparentemente, Veronika ten todo o que lle é necesario a calquera persoa para ser feliz, pero ela non o é; sente que lle falta algo que dea vida a súa existencia. Por ese motivo, un día decide morrer. Así comeza a novela, co intento de suicidio de Veronika

Pero a obra non só se centra no caso desta rapaza que, despois de fracasar no seu intento de suicidio, acaba nun sanatorio. Ese sanatorio é o tema central do libro, xa que nel se concentran persoas marxinadas pola sociedade: ao non seguir o camiño do que se considera normal, séntense obrigados a encontrar un novo camiño, xa que quen pretende escapar dunha vida monótona e intenta cumprir os seus soños xeralmente é considerado un tolo, e quen acepta semellante imposición e fai o que lle recomenda a sociedade son considerados como xente normal.

Este é un tema moi explotado polo autor neste libro, ademais da idea de loucura. Máis de unha vez aparece a pregunta: ¿Qué é un tolo?. Paulo Coelho inténtanos facer reflexionar sobre iso ata que finalmente conclúe en que: “A loucura é a incapacidade para comunicar as túas ideas”, e “todos nós, dun xeito ou outro, estamos tolos”.

Castro Rodríguez, Raquel

S1D, 1B2

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: