Sen comunicación non hai desenvolvemento

¿Qué unha comunicación para o desenvolvemento? É unha comunicación que sexa útil para o cambio nun país ou que promova os cambios. Isto pódese lograr a través do traballo coa sociedade civil e cos medios de comunicación.

Rosa María Alfaro, xornalista que estuda a Comunicación e o Desenvolvemento, apuntaba nunha conferencia que hai unha necesidade de facer cambios dende o xornalismo para poder producir transformacións sociais, e tomar neste proceso á sociedade civil como unha fonte de información e de opinión. “Atopámonos cun xornalismo que a pesar de que ingresou o tema do desenvolvemento nos medios, é un xornalismo que non coñece os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio”.

O outro día viamos no vídeo Voces del Magdalena como a sociedade vía importante a existencia da radio porque lles permitía falar daqueles temas que sacudían o país e tamén era un bo vehículo para lograr a boa educación dos máis pequenos. Un dos propósitos da Asociación de Red de Emisoras Comunitarias del Magdalena Medio é chegar a conseguir a paz no país, credes que o están conseguindo? Eu opino que, mediante o que vimos no vídeo, a xente ten ganas de que todos os problemas rematen, están como “enganchados” a esas radios que lles dan a ilusión para seguir día a día e síntense escoitados.

Déixovos aquí unha entrevista que se lle fixo a Rosa María Alfaro e que explica moi ben a situación das radios comunitarias en diferentes países.

Yáñez Castro, S3D, 4B1

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Estes medios como dicían no documental teñen a capacidade de penetrar en toda a poboación á que van dirixida e iso contribúe a crear unha opinión.
    O que máis me chamou a atención cando vin o documental é que os nenos están moi integrados neste tipo de iniciativas, polo que é algo que non se aproveita nos medios tradicionais.
    Estas radios pretenden pois “dar voz aos que non teñen voz” e iso é o que as fai tan exitosas entre o groso da poboación.

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Gracias polo comentario, Tensy. Tes razón no de que os nenos estaban implicados e os pais estaban moi contentos de que os seus fillos podesen acceder a escoitar a radio. Mentres escoitan a radio non están metidos noutras realidades que acontece no seu país como pode ser o tráfico de drogas, violencia ou presenciar asasinatos. Os medios comunitarios tamén axudan na formación das persoas e como ti ben dixeche, “dan voz aos que non teñen voz” e cando a xente se ve partícipe de accións como estas, implícase xa que os seus problemas son escoitados e tratados.

  3. Rocío Quintana Fernández, S3E, 3B2

    Estoy de acuerdo en que las radios comunitarias les dan esperanza y los alejan de una realidad cruel. Por eso se aferran a ella, porque la ven más que como una solución a sus problemas, como una forma de escapar y la siguen con una devoción religiosa. Sin embargo estas pequeñas radios comunitarias no tienen el poder para cambiar todos los males que acechan a los países Latinoaméricos; aunque son un buen medio para solventar aquellos problemas de la vida cotidiana y quién sabe, si paso a paso pueden llegar a colaborar en ese avance cultural y esa evolución que ayude a la transformación social. De momento son un inicio.

    • Beatriz Yáñez Castro

      Gracias polo comentario, Rocío. A verdade é que, segundo falan da radio comunitaria, semella que é “a salvadora de todos os males”. Pero eu penso que dende este tipo de medios de comunicación se poden chegar a solucionar diferentes problemas. Mediante a radio poden falar dos problemas que máis lles preocupan, sen ter que calalos. Pódense democratizar os medios de comunicación e propician a construción dunha cidadanía. Outro dos puntos claves que si poden cambiar as cousas é a creación dun sentimento de pertenza, un sentimento de comunidade grazas á labor que desenvolven as radios comunitarias.

  4. Miriam Varela Fernández

    Nunha zona de conflito armado, onde as violacións contra a poboación civil están presentes, a radio convértese para os habitantes do Magdalena Medio en ilusión no medio de tanta crueldade. Son emisoras de pobo, de nomes simpáticos e coloquiais, de escasos recursos técnicos, de contados patrocinadores, pero dunha inmensa capacidade de organización comunitaria para contribuir á democratización da palabra e á consolidación de espazos de participación. Os seus habitantes convértense así na multiplicidade de voces que a través das noticias debatidas e os testemuños emitidos acompañan cada emisión ao aire que día a día realizan estas emisoras comunitarias. Un instrumento fundamental para facer oír as súas voces, para esixir un cambio, para a esperanza.

  5. Beatriz Yáñez Castro

    Ti tamén insistes coma min na ilusión que depositan este tipo de medios na sociedade. Dálles esa oportunidade de poder dicir o que pensan, séntense identificados co que alí se di e sérvelles para imaxinar novos horizontes e proxectos. A radio é o medio para poder crear o debate e a discusión sobre o proxecto político e comunicacional que se pretende crear. As radios comunitarias desenvolven as súas estratexias nun espazo político, cultural e mediático; un espacio atravesado por múltiples conflitos e organizado de acordo ás distintas relacións de fuerza. Neste sentido é importante unha reflexión sobre os espazos de intervención, o rol dos distintos actores, os imaxinarios sociais e a adecuación das propias estratexias a ese marco.
    Gracias polo comentario Miriam.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: