TS. Rematando o traballo con Desconcierto Cultural
Esta semana a asociación Desconcierto Cultural foi presentada directamente cunha conferencia do seu secretario: Álvaro Álvarez. O certo é que notin que houbo gran interés na aula, xa que o final da conferencia, moitos alumnos preguntaron cousas que a eles personalmente lle interesaban; o certo e que me gustaría agradecer a Álvaro e á clase enteira pola súa participación.
Asemade, gustaríame falar da actividade que se fará o sábado 16 de juño, da cal tamén se falou na conferencia, esta é a Romería Pop. Unha tarde no parque de Parque de Belvís en Santiago de Compostela, onde se realizará unha xornada de concertos de grupos galegos, onde tamén se podrá degustar churrasco, pulpo, sardiñas… acompañados de Estrella Galicia ou outras bebidas (excluíndo bebidas alcohólicas agás cervexa e viño). Ademáis de concertos e o picoteo tamén haberá outras actividades paralelas como son a pinchada de música entre concertos, mercadillo de segunda mán, presentacións de libros, cortometraxes ou outras creacións que se presenten, así como actividades enfocadas os máis pequenos. O que pretende a asociación nesta ocasión e abrir o espectro do público que acostuma a ter: aficionados a música e asistentes a concertos en pubs e salas.
Por último, gustaríame rematar agradecendo a asociación Desconcierto Cultural pola súa colaboración e o resto do S3F polo seu traballo.
Suárez Otero, S3F, GOBE
Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged Actividades da semana, asociacionismo, Curso 2011-2012, Música. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0