Unha visión comunmente persoal

Igual xa foi un tema recurrente nestes últimos posts, que me molestarei de revisar en breves, pero gustaríame facer un resumo/repaso do que supuxo estar posteando nesta bitácora os tres últimos meses.

Desde Febreiro estivemos subindo posts cada semana a Común e Persoal, coma en todo, algúns foron pra enmarcar, outros pra olvidar, pero non me quería centrar ahí.

A comunicación a través do blog, na miña opinión foi algo maravilloso, temas sobre os que ler, sobre os que “practicar” algo de xornalismo cada semana e tamén dos que enterarse. A forma de que moitos dos temas da materia da asignatura, contadas polos compañeiros para facilitar a comprensión tamén foi un dos puntos a favor.

Eso si, non todo ía ser bo, polémicas aparte das que se crearon e poidemos vivir, na miña opinión houbo “demasiados posts”, xa que cada semana tiñamos aproximadamente nove ou dez páxinas de posts, o cal facía que moitos temas quedasen no olvido porque ninguén no seu sano xuízo botaría horas e horas lendo posts, xa que temos outras cousas que facer, por eso eu proporía para outros anos poñer menos posts cada semana, pero eso xa é tema do profesor.

Ata aquí a miña visión/crítica modesta destes tres meses nesta dirección. Espero que non lle molestase a ninguén a miña visión.

Rivera Rey, S3B, GOBE

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 10 Comentarios.

  1. Contra a saturación, estratexia, ben querido Alberte. Espera que vou andar unha semana repasando, menos mal que tamén fun recollendo e revisando, senon íanseme cair os ollos e voar a cabesa. Tes rasón. Non hai molestia.
    Martínez Hermida CIC

  2. Alba Domínguez Piñeiro

    Completamente de acordo. Tantos post supoñen unha sobresaturación para todos nós. Debemos ser máis de 100 persoas a postear tódalas semanas, é dicir, máis de 100 post, e ademais os post referentes a ProT e TS… A min persoalmente fíxoseme moi complicado sacar un tema cada semana para un post. Sinceramente considero que soamente podo estar realmente orgullosa dun deles. E moitos dos post dos compañeiros recoñezo que non os lin porque, como dis ti, son demasiados. Se os quixera ler todos non podería facer outra cousa…
    Considero que este post foi unha boa iniciativa pola túa parte. Noraboa.

  3. Noemí Valderrama Vázquez

    Muy buen post para conocer tu opinión y que el resto de personas deje el suyo. De todas formas, también apuntar, y en mi opinión, que es posible que existiera esa saturación de la que hablas, pero tampoco he notado mucha predisposición de la gente por leer post antiguos. Puede resultar cansado, pero no cuesta nada leer páginas antiguas. Repito, no sé, es la impresión que me ha dado.

  4. Beatriz Yáñez Castro

    Eu vexo que igual a forma de presentarse os posts nos parezan que son moitos. É certo, cada semana eran moitos que ler e nos que se tocaban temas moi diferentes. Eu engado que quizáis para futuras ocasións, se poidan ordenar en pestanas os temas do post, creo que non se nos faría tan canso como ver unha longa páxina de posts. De tódolos xeitos, creo que o uso do blog é unha boa plataforma para usar nunha materia, xa que agora todos podemos ter acceso á rede en case calquera instante e podemos ir “traballando” onde máis nos apeteza, sen deixar nunca de aprender.

  5. Miriam Varela Fernández

    Eu tamén creo que o blog se convertiu nunha ferramenta fundamental para o desenvolvemento da materia. Axudou a que a comprensión dunha teoría abstracta, ao meu modo de ver, se vise facilitada grazas a casos prácticos do día a día que nos rodea e que todos achegamos. Con todo, tamén estou totalmente de acordo en que a periodicidade de publicación debería ampliarse a cando menos cada quince días. Durante o funcionamento do blog creo que se chegou a unha saturación de posts, non así de contidos. É dicir, chega un punto en que xa non se sabe de que temas falar, e isto derivou no tratamento de temas superfluos e secundarios que, ao meu modo de ver, non tiñan que ver coa materia. Iso si, é innegable que o blog se convertiu no instrumento indispensable para aprender de xeito dinámico entre uns e outros, e facilitar así o desenvolvemento da materia.

    • Si, ao igual que noutras materias (Publicidade ou Xéneros) o blog é algo fundamental e veu ben para comprender máis alá das clases. Tamén estou dacordo contigo en que xa co tempo tiñamos difícil sacar novos temas interesantes despois de tanto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: