“¿Por qué los profesionales no comunicamos mejor?”

ImagePódese aprender a comunicar mellor? É importante logralo? Rotundamente si, responde a ambas preguntas o presidente da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, Manuel Campo Vidal, no seu último libro ¿Por qué los profesionales no comunicamos mejor?, no que trata aspectos esenciais que definen ao bo xornalista. Segundo el, a mala comunicación trátase “de un problema endémico en España, que tiene sus orígenes en la falta de ejercicios orales en el ámbito educativo”. O autor repasa os sete pecados capitais do mal comunicador e introduce algúns consellos para acabar cos malos hábitos comunicativos e progresar tanto persoal como profesionalmente. As claves para lograr unha boa comunicación pasan, según explica no seu libro, “por un control del tiempo y las emociones, no abusar de las herramientas tecnológicas, generar empatía con el público y ser consciente de la importancia de la comunicación”. Un libro útil e práctico que combina exemplos sacados da traxectoria profesional do autor e o seu trato con destacados personaxes da vida pública, con interesantes consellos de fácil aplicación para mellorar a nosa capacidade de comunicación. En palabras de Bill Clinton, que o autor emprega como cita inicial no libro: “No lo olvidéis: la comunicación es el cincuenta por ciento de la batalla en la era de la información. Dilo una vez, dilo dos veces y sigue diciéndolo, y cuando hayas terminado, sabrás que aún no lo has repetido lo suficiente”.

 Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 14 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Beatriz Yáñez Castro

    Non sabía da existencia deste libro. Sendo de Manuel Campo Vidal seguramente sexa unha boa guía para aprender a comunicar mellor e saber cales son os déficits que agora teñen os xornalistas e nós, como futuros traballadores da profesión poder evitar esas eivas na comunicación que se nos atribúen. Creo que non só pode ser útil para os xornalistas, senón que tamén para todas aquelas persoas que usan a comunicación e non son conscientes da importancia que esta ten na súa imaxe pública. iTrata tamén a comunicación non verbal? Xa creo que algo no que tamén podemos ter carencias, sobre todo cando falamos en público.

  2. Miriam Varela Fernández

    Grazas polo teu comentario, Bea. Ademais de presidente da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, é director xeral da produtora “Lua Multimedia” así como do Instituto de Comuncación Empresarial. Non se pode negar a súa recoñecida traxectoria e o feito de ser unha das figuras máis destacadas do xornalismo en España. Efectivamente, non se trata dun libro dirixido exclusivamente ao xornalista, senón ao comunicador: empresas, partidos, medios de comunión… Respostando á túa pregunta, si toca temas relacionados coa comunicación non verbal, como por exemplo, aprender a controlar as emocións, que ás veces nos xogan tan malas pasadas, especialmente cando sufrimos de medo escénico. Sen dúbida, é unha guía indispensable para aqueles que desexen mellorar as súas estratexias de comunicación, a ferramenta máis útil da que se dota o ser humano. De novo, grazas polo teu interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: