“ProT: RECORDAMOS ABERTAL”

Despois do noso traballo coa Asociación Xuvenil Abertal, faremos unha análese do noso traballo.

Abertal traballa co concepto de persoa social, todos os nenos integrados nun mesmo grupo, cunhas normas e valores comúns. No ámbito da comunicación, os monitores achégamonos ós rapaces adoptando as estratexias comunicativas máis acertadas, emitindo coñecementos e normas para inculcarlles ós rapaces novos coñecementos, tanto sociais coma contidos intelectuais; pero sempre hai que tratalos dende a distancia educativa ( ter unha relación de mutuo entendemento e de amizade, sen caer na trampa de ser demasiado transixente). Pero a comunicación é liñal, tanto de nós ós nenos, como dos nenos cara nós. Dos monitores ós pais, e dos pais ós monitores. Buscando un clima de entendemento entre todos para a correcta educación dos cativos nos valores marcados pola asociación abertal, dos que xa falamos (respecto, axuda mutua, etc.)

O desenvolvemento acádano mediante actividades diarias, que ocupan o seu tempo libre, dándolles unha motivación para seguir acudindo o programa Abertal, aprendendo e participando.

A organización en Abertal consta de varios proxectos: o noso era a “Aternativa Vaivén”, dividida en Andaina,Cativos e ADS , según franxas de idade. Dentro de cada grupo hai un coordinador e un grupo de monitores encargados do grupo de nenos, que varía máis ou menos por 5-6 nenos por monitor.

 

En canto ó tempo é unha asociación que se mantén activa todo o ano, en verán mediante o campamento urbano, e o resto do ano unha vez por semana, os sábados á mañá.

O espazo de influencia é  de ámbito local, pero pertence a unha rede de asociacións a nivel autonómico, estatal e incluso europeo ( con posibilidade de intercambio de monitores).

 

Alonso Moreda S1E ProT 1 A2

Posted on 14 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Sara, lémbreome de cando expuxestedes esta sociacón no noso gurpo de seminario, e a verdade que me gustou. Teñen unha boa iniciativa cos nenos tanto na forma de achegarse a eles como nas súas acitivaidades. O único problema que teñen quizais, é o mesmo que que o que temos nós con Intered; que ao estar unha institución relixiosa por detrás importalles moito asúa imaxe e supoño que o o que vos lle puiderades transmitir aos nenos…. Pero bueno polo demais está ben, ademais outra cousa boa que teñen é que fan unha labor de seguemento durante todo o ano.

    • Si, é certo que o que lle ensinan está moi relacionado cuns valores “cristiáns” e coa catequesis, aproveitando que están en idade de facer a comunión, pero bueno, eu no fondo creo que non é mala cousa xa que non son moi fanáticos e os curas son bastante tolerantes e modernizados. acompañalos todo o ano é moi positivo para mellorar o seu seguimento e poder implicarse máis nos problemas dos nenos, punto moi a favor para Abertal.
      Grazas por comentar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: