aCentral Folque: desde o local até o universal

Setembro de 2008. Ugia Pedreira, voz de Chouteira, Nordestin@s ou Marful, presenta un novo proxecto de ensino e investigación arredor do mundo do folk galego. Trátase do Centro Galego de Música Popular aCentral Folque, herdeiro do CMTF (Conservatorio de Música Tradicional e Folque) de Lalín, que entre o 2000 e o 2007 se convertera nunha entidade de referencia para a nosa música popular tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Image

O acordo acadado entre a entidade e diversas institucións permitía que a luz do CMTF, que desde a capital do Deza chegara a tantos rincóns do mundo, seguise brillando desde a cidade de Compostela. Hoxe xa son 13 anos de traballo os que serven como carta de presentación deste ambicioso centro, fundamentado no “estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo”.

Desde a gaita á requinta, pasando polo canto ou a zanfona; a oferta educativa da escola é variada. Ademais, unha grande cantidade de proxectos de investigación, revalorización do propio e interrelación con outras culturas avalan o traballo de aCentral Folque. A posta en valor da figura de Florencio, o virtuoso cego dos Vilares; a produción da Descarga ao Vivo. Galiza-Cuba; os Encontros Internacionais de Acordeón Diatónico (Ponteceso) ou Zanfona Contemporánea (Narón); a investigación da faceta musical do coruñés Eugenio Granell, tema do que falaremos en próximas entradas e sobre o que realizaremos unha reportaxe audiovisual, etc. Estes son só algúns exemplos que amosan a riqueza do noso patrimonio cultural á vez que enchen un baleiro que as institucións do país, a pesar do seu certo apoio a este e outros centros, nunca tiveron demasiado interese en ocupar. “Buscamos chegar desde o local até o universal”, explicaba Ugia Pedreira aló por 2008. Así, coñecendo a cultura propia, é como teremos o noso lugar no mundo e poderemos comprender e valorar as culturas do resto dos pobos.

T4B

Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: