Diferenzas na comunicación
Comportádesvos na casa, cos vosos pais, do mesmo xeito que o facedes cando vos atopades cos vosos amigos? Falades da mesma maneira? E cando tratades cos vosos xefes? Considerades que hai diferenzas entre como se comunican as persoas que viven no medio rural e as que viven no medio urbano?
No noso proxecto para o TS, intentaremos ilustrar estas situacións, dar mostra e exemplificar como todo o mundo cambia os seus rexistros á hora de comunicarse cunhas persoas ou con outras, dependendo de moitas variantes. Por exemplo, todo o mundo fala dun xeito moito máis coloquial e liberado cos seus amigos, utilizando tacos, usando palabras comodín… vaia, exercendo a confianza que permite a relación; e cambia inmediatamente de rexistro se ten que falar co seu profesor.
Durante a realización do noso traballo observaremos o comportamento de diferentes persoas tendo en conta o seu ámbito: no traballo, na facultade, no medio rural, na familia, cos amigos, etc. e iremos confeccionando unha memoria na que arquivaremos os diferentes patróns de conduta condicionados polos diferentes ambientes.
Convidámosvos tamén a que expoñades, se queredes, as vosas experiencias e anécdotas con relación a todo isto. Algunha vez vos sentíchedes incómodos ao atoparvos en medio dos vosos amigos estando os vosos pais diante?
S3A
Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged Quiroga Trasorras, Ramallal Salgado, Villanueva Míguez. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
Eu, personalmente, doume conta dos cambios de rexistro á hora de falar nas comidas familiares. Meus avós diríxinse a min de forma moi diferente a como o fan cos meus pais.
Chicas, lembrade que no título compre seguir o ditado polo libro de estilo:
“Post sobre TS: [Palabra clave do TS]: Título. Ex.: Emigración: La situación en España.”
Neste caso sería: “Comunicación: Diferenzas na comunicación”
Grazas!
Sabela Rodríguez. Administradora.
Moitas grazas, Sabela, terémolo en conta no próximo post.