Down Compostela: Nós non vemos a diferenza
A Fundación Down Compostela presta atención integral ás persoas con síndrome de Down, tamén coñecido como trisonomía 21, desde o momento do seu nacemento ata a idade adulta, co obxectivo fundamental de asegurar a súa autonomía para a vida (a plena integración familiar, escolar, social e laboral) e a posibilidade de tomar as súas propias decisións.
Un exemplo do compromiso desta Fundación cos seus membros é o proxecto da campaña “Axúdame a formarme”. Por causa da actual crise económica algunhas das familias que forman parte de Down Compostela viron reducido o seu poder adquisitivo. Ante esta situación, a Dirección plantéxase a posibilidade de levar a cabo un proxecto de recadación de fondos cunha campaña publicitaria a través de El Correo Gallego e Cadena Ser, medios que colaboran dende fai anos coa Fundación. Ademais intentarán conseguir o compromiso de empresarios para a contratación de alumnos do seu módulo de inclusión socio-laboral.
Principalmente traballaremos ao longo das próximas semanas con participantes deste módulo, para poder entender o seu día a día, interactuando, buscando que se expresen e que acheguen a súa propia visión sobre as experiencias que Down Compostela lles proporciona. En todo momento temos a intención de que se produza unha participación activa, tanto das persoas con síndrome de Down como, na medida do posible, das súas familias e da Fundación. Deste xeito o proceso poderá ser máis enriquecedor para todos, xa que o noso traballo non tería sentido sen un intercambio de coñecementos e de experiencias.
Estámonos atopando con persoas entrañables, moi interesantes e dispostas a colaborar. Seguramente aprenderemos deles moitas cousas, así como unha importante lección de vida.
T1B
Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged Alonso Oliveira, Amoedo Pérez. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Es una realidad realmente difícil de vivir, sin embargo respeto profundamente estas personas. Estoy segura que trabajar en contacto con estas será una experiencia inolvidable sobretodo porque la mirada, la sonrisa que tienen es algo incomparable. Realmente me dais envidia y estáis afortunados en poder colaborar con ellos. Espero que tengáis buenas experiencias y que aprendáis mucho de ellos. Suerte!
Saludos
Ferro, Sonia BCP T3C