CuacFM: Parrulos radiofónicos

O grupo titorizado T3A ten algo en común: a paixón pola radio; así que cando na listaxe de asociacións dispoñibles atopamos a CuacFM, resultou sinxelo saber que unha colaboración coa emisora sería o proxecto no que máis ilusión e ganas poríamos.

MicroRadio

Que é CuacFM?

Coido que non hai mellor presentación que a propia, podedes ollala aquí.

Qué queremos facer?

Non nos levou moito tempo chegar a conclusión de que nunha emisora de radio, o lóxico sería facer contidos de radio. Logo de poñernos en contacto cos de Cuac, chegamos ao acordo de realizar varios microespazos de 10 minutos de duración. Resultou a solución idónea, xa que para nós son máis sinxelos de resolver e eles andan algo escasos dese tipo de espazos (os cales emiten como separación entre programa e programa). O contido dos microespazos aínda está sendo discutido, pero a nosa idea sería falar dalgúns dos proxectos que estades realizado o resto de vós coas asociacións que escollestes. Porémonos en contacto con vós en breve para ver se estades interesados en contar as vosas experiencias.

Pero o titorizado T3A tamén queremos coñecer o que acontece cando se apaga a luz vermella: cómo funciona unha radio comunitaria? cales son as diferencias respecto ao resto de radios? Para iso iremos máis aló das ondas hertzianas e porémonos mans á obra coa realización dunha pequena peza audiovisual.

Estes parrulos comezan a súa colaboración en Cuac FM porque lles gusta a radio. Porque estimula a imaxinación. Acompaña incondicionalmente. Ten o poder de multiplicar significados, unha soa palabra pode xerar miles de interpretacións, o cal abre debates e convida a pensar. Porque é o medio de comunicación por excelencia, o de máis íntima chegada, o de máis pronta resposta, o que crea climas, o que permite soñar.

ProT T3A

Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Unos pequeños fallos que tenéis que corregir: Título, ejemplo AGADEA : O alzheimer en Galicia.
    La imagen tiene que ser de portada.

    Saludos

    Ferro, Sonia BCP T3C

  2. Alégrame ver como todavía hai xente que comparte a paixón polas ondas. E todavía máis se a radio presta este tipo de servizos á comunidade. Agardo os vosos post. Un saúdo

  3. Quintás López, Paula

    A realidade de CUAC FM é moi interesante e o feito de que xornalistas en formación coma nós nos vencellemos a ela é cando menos estimulante.
    Ademais, a idea de deixar que os proxectos dos compañeiros se vexan reflectidos no voso espazo paréceme moi boa.

  4. seminariocomunicacion3

    Unha iniciativa moi interesante. De seguro que vos resultará proveitosa tanto para vós como para eles. Persoalmente, teño curiosidade por saber cómo funciona Cuac FM detrás dos micros. Algunhas iniciativas baseadas en decisións asamblearias e funcionamento horizontal adoitan traer consigo problemas de organización. Quizáis este non sexa o caso. Un saúdo.

    Silva Vilas, Jesús T8B S3D

  5. Que bonita iniciativa!
    Estou segura de que moitos dos compañeiros amantes da radio, entre eles eu, teñen envexa do voso proxecto.
    Estou segura de que ademais será unha experiencia da que poidades sacar moito, tanto experiencia profesional como bos recordos.
    Resulta interesante saber como funciona exactamente unha radio comunitaria e que vantaxes e inconvenientes ten con respecto ás demais, espero que pouco a pouco nos vaiades contando.
    Saúdos!

  1. Pingback: FALANDO ENTÉNDESE Á XENTE | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: