Praza Pública: presente e futuro do xornalismo en galego

En nada máis ca un ano, a aposta xornalística de Praza Pública converteuse en referencia no xornalismo en galego. Porén, debemos lamentar que por ser, é practicamente a única referencia na nosa lingua e, por suposto, non conta con versión impresa. O presente do xornalismo escrito está na rede e, como dixo un famoso xornalista español, «o futuro do papel é equiparábel ao dos vinilos, para especialistas dispostos a pagar máis por un contenido máis profundo e analítico». E, como no caso das gravacións en formato vinilo, tamén requirirá un pouco de excentricidade.

Voltando ao tema, o modelo informativo de praza aséntase en varios pilares: un deseño interactivo, atractivo visualmente e moi doado de utilizar; información en tempo real con contidos hipertextuais procedentes de medios de comunicación, blogs, canais de vídeos, etc.; artigos de opinión asinados por persoeiros de todos os ámbitos e ideoloxías de Galicia, e, finalmente, contidos culturais pouco ou nada presentes nos medios de comunicación xeneralistas (músicas do mundo, lusofonía, banda deseñada, deportes minoritarios…).

praza2

Os responsábeis de Praza Pública son conscientes de que a situación económica non é a máis propicia para a fundación dun proxecto xornalístico. É por iso que o xornal non conta cunha redacción física. A financiación realízase por medio da publicidade e das doazóns individuais, aínda que existe a posibilidade de facerse socio e tomar parte das decisións empresariais. Por outra banda, o medio asinou a finais de 2012 un convenio de colaboración económica e de contido con eldiario.es.

Nas nosas vindeiras entradas achegarémosvos ao mundo de Praza Pública a través de accións promocionais e realizaremos reportaxes para eles coa colaboración doutras asociacións dos distintos grupos de ProT.

T1A

Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Non son un grande coñecedor de Praza Pública mais si que, de vez en cando, bótolle unha ollada a algúns artigos (os de Manuel o profesor de Economía as máis das veces, para que negalo…). Sexa como sexa, coincido con vós en que o deseño é moi atractivo (algo moi importante na web) e tamén son atractivas todas as comunicacións referentes á cultura que, as máis das veces, son as mais esquecidas.

  2. Trataremos pois nós de achegarvos a todos ao mundo de Praza e á súa forma de facer xornalismo.

  3. Ou outra maneira de dicilo… Os xornais impresos serán unha reliquia. E outras tantas frases que utilizan xornalistas famosos e non tan famosos para retratar o futuro do papel. Penso que non é ser pesimistas, é a realidade. Moi poucas persoas lle auguran un futuro prometedor á prensa escrita, por non dicir ningunha. Iniciativas coma Praza Pública son as que cómpren para ir ”asumindo” o que se nos ven e tamén darnos conta de que a desaparición dos xornais en papel non é o fin, que hai moitas iniciativas coma esta que están perfectamente a altura do bo xornalismo.
    Esperamos ansiosos esas reportaxes para Praa Pública.

  4. A diferencia de Elisabeth no creo que los periódicos impresos van a ser una reliquia, simplemente porque a las personas les gustan las tradiciones, y poder tocar y leer un papel en un soporte ” vivo” que podemos tocar, doblar y pasar página es una tradición que no creo que acabe pronto. Me gustaría saber que tipo de periodistas trabajan en Praza pública, son jóvenes o ya profesionales maduros?
    Saludos
    Ferro Sonia BCP T3C

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: