STOP DESAFIUZAMENTOS: “Non son suicidios. Son asasinatos”
Posted by titorizado2a
O 13 de febreiro organizouse unha acción na sucursal do Banco Popular no Polígono do Tambre, convocada dende a plataforma Stop Desafiuzamentos Compostela para defender o caso particular dunha veciña da comarca. O obxectivo desta mobilización era lograr un acordo entre a entidade bancaria, representada na figura do seu director, e a afectada, apoiada pola plataforma.
Cara ao mediodía, arredor de trinta persoas involucradas na causa quixeron respaldar a esta muller. Trátase dun matrimonio desempregado, cuxos ingresos non superan os 825€ e con 4 fillos ao seu cargo (3 menores de idade). Na mesma vivenda, vive unha familiar da parella con 2 fillos menores. Dende Stop Desafiuzamentos Compostela, e segundo a vontade das afectadas, consideran que urxe unha pronta solución para esta familia.
Despois de case unha hora de negociación, acadáronse os termos para a conservación da vivenda e o compromiso verbal por parte do director de pórse en contacto de novo coa plataforma. Ademais, contemplouse a dación en pago da vivenda en combinación cun alugueiro social da mesma, con opción de compra.
Mobilización cidadá
Nun clima político aínda caldeado polas polémicas declaracións da representante da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau, no Congreso dos Deputados, e trala perentoria resolución gobernamental de tramitar pola vía de urxencia a ILP, producíronse manifestacións contra os desafiuzamentos nas principais cidades españolas ao longo da xornada prevista, o sábado 16 de febreiro. Seguindo a iniciativa do movemento a nivel estatal, Stop Desafiuzamentos Compostela convocou e organizou a manifestación na capital galega; a cal partiu da Praza Roxa ás seis da tarde nun apático sábado invernal.
Sen lugar a dúbidas, a mobilización deste 16-F contou cun amplo seguimento popular. Os manifestantes, baixo o lema “Polo dereito á vivenda, contra o xenocidio financeiro, sinalemos aos culpábeis” reclamaron o dereito á unha vivenda digna e axeitada, así como a paralización de todos os desafiuzamentos. Ata un milleiro de persoas percorreron as rúas de Compostela, dende a Praza Roxa ata a Praza do Toural, provistas de pancartas nas cales se podían ler lemas como “Dereito á vivenda. Sinalemos aos culpables”, “Casas sen xente. Xente sen casa” ou “Non pode ser. Os pobres na cadea e os ricos no poder”, entre outras moitas frases de denuncia. A manifestación estivo acompañada por un dispositivo policial e desenvolveuse sen incidentes.
Cabe salientar un feito inusual nestas iniciativas populares en xeral, e nas manifestacións contra os desafiuzamentos en particular; xa que na Praza do Toural tivo lugar unha sesión de micro aberto, para dar voz a cidadanía e que os asistentes rompesen coa súa vergoña e a súa sensación de culpabilidade cara este problema social. Desta forma, unha nena de curta idade, filla dunha afectada, relatou a súa situación e as súas inquedanzas no tocante ós desafiuzamentos.
T2A
Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged Barrientos Reboiras, Bravo Maximiano, Costoya Rodríguez, Crespo Bris. Bookmark the permalink. 11 Comentarios.
Agradecerlles o seu día a día niste muro cun tema continxente tan de relevo como o desfiuzamento. Semella que non é tema de preocupación na aula. Uns poden deducir que o blogue non permite, finalmente, unha visión de tódolos temas, outros que quizabes o grupo non estimulou acordos suficientes para que o tema collera certa amplificación. Pero para min é que aos universitarios non lles toca de cheo o conflicto. teñen o punto de gravidade máis abaixo, crendo que o teñen máis arriba. Comento esto con certa acidez de estómago. E mellor que me equivoque.
No estoy de acuerdo Marcelo, mucha gente universitaria siente en casa como los problemas económicos le afectan de manera directa. Por otro lado, quiero lanzar una pregunta al aire que, quizás, sea un poco frívola: ¿ son culpables los bancos de prestar el dinero y de que luego la gente no pueda devolverlo?
Son culpables, ya que lo han hecho mediante engaños. Y son culpables también quienes no han puesto, desde la política, coto a que esto se pueda hacer y se siga haciendo. Más frívolo aún, duramente gratuito: ah¡ pero los universitarios lo sienten sólo en su propia piel, el que no les llega el parné en las habituales remesas paternas, o lo sienten junto a aquellos que lo padecen también? No es la misma posición. Ni tampoco se puede entender con naturalidad. Es así? Un saludo.
Yo también creo que los bancos son culpables, culpables de conceder créditos de forma irresponsable y en buena medida son el origen de la crisis que estamos viviendo. Ellos y los políticos y reguladores que aún viendo el riesgo, no pusieron freno a tanto desmadre.
Bravo Maximiano Antonia T2A
Evidentemente, yo también creo que los bancos tienen mayor parte de la culpa, pero también aquellas personas que pedían créditos compulsivamente para pagar unas vacaciones.
Los universitarios somos conscientes de los problemas que están atravesando la mayoría de las familias españolas, son el pan de cada día en los informativos, periódicos y hasta en la calle. Pero es cierto que es muy diferente empatizar con estos problemas con personas ajenas a nosotros o vivirlos en nuestra propia carne si afecta a un familiar cercano.
A oferta desmedida de crédito por parte dos bancos e a baixada dos tipos de interese por parte das institucións gubernamentais amedrentaron e agravaron a problemática social que vivimos hoxe en día. Mais non podemos esquecer que un crédito é un contrato, e en todo contrato hai dúas partes que chegan a un acordo. Penso que cando o pacto se rompe hai que asimilar as consecuencias. Se unha familia se comprometeu a devolver “X” cartos e non o fai, pois terá que responder ante isto co aval establecido (que en moitos casos se trata de vivendas). Pode parecer duro, pero o banco non vai perdoar porque sí. Obrigalos legalmente a perdonar débedas só conlevaría a que estes deixases de outorgar créditos.
Vostede sabe perfeitamente que as relacións entre a banca e os seus usuarios parten de situacións de engano manifiesto, en moitos dos casos, e de condicións abusivas que moitos dos asinantes non coñecen e non lle son explicadas. Cando hai abuso, non hai pacto. O pacto nace da transparencia entre ámbalas dúas partes. Desfaise, logo, o contracto e as súas condicións.
Doutra parte, non esqueza que os administrados estamos pagándolle ós bancos as más xestións e malversións dos seus cadros directivos, soportando ás perdas da súa xestión. Nesa situación non se pode actuar con usura e afán recadatorio, papando ademáis do herario público (ou sexa de nós) Iso mesmo xa debía costearlle dabondo a débeda dos seus clientes.
Mire o que pasou en Islandia e como actuaron os islandeses. E déronlle a razón.
“2012, cando coñecimos ao Señor Desafiuzamento”. Foi a palabra de moda o pasado ano e todo apunta a que será así tamén neste 2013 que estamos a comezar.
Os culpables? Uns e outros, na miña opinión. Os bancos por prestar con enganos e a xente por pensar que sería rica e podería manter unha vivenda (ou un par delas nalgúns casos) cun salario baixo e non asegurado.
As solucións? Parece que ningunha. Os señores e señoras que pousan os seus valiosos e descansados cús nas butacas dos parlamentos non teñen demasiada necesidade nin ganas de pensar na xente.
Vosotros decís que no es lo mismo hablar de crisis como universitarios que vivir plenamente como padres por ejemplo las injusticias de la vida. Pues ahora os pregunto, y si un joven estudiante, trabaja y estudia para poder pagarse los estudios porque los padres no pueden permitirse pagarle la matrícula, y además ayuda la familia con el sueldo que recibe, podríamos seguir hablando de la diferencia que hay entre estudiantes y familiares?
Saludos
Ferro Sonia, BCP T3C
Podríamos seguir hablando si usted no deriva la cuestión de su origen de discusión. Entiéndame bien, se habla de desahucio y de su apoyo o no por parte de los estudiantes, si sienten o demuestran sentir. Hay pocos estudiantes (esto habría que corroborarlo mejor, sin duda) que estudien y trabajen a la vez en Galicia. No es lo normal, aunque en el aula tiene varios meritorios ejemplos. Sobre todo que trabajen, ya que el mercado no tiene trabajo para ellos. Por tanto, creo que, aparte de desviar la cuestión, tal actor que usted presenta, no tiene papel en esta representación amarga, si hubiera que representar y no, como se pretende, actuar y sentir. De todas formas, muy agradecido por su aportación. Un saludo.
Pingback: Manifestación 16-F | Común (e persoal)