Voluntariado: en que consistirá o noso traballo

Ao longo da semana, fomos publicando unha serie de post onde ibamos explicando as nosas primeiras impresións sobre os voluntarios que colaboran coas organizacións benéficas. A pregunta que máis ou menos tentamos de responder co noso traballo é cales son as motivacións que van arraigadas ao traballo dos voluntarios, poñernos na súa pel e ver que hai detrás do seu traballo.

Para iso, ímosnos a valer das opinións e das testemuñas que esas pesoas nos van a aportar ao longo do noso percorrido por diferentes asociacións. Cremos que este punto vai ser o que aporte interés ao traballo, xa que, ao contrario que os demais, afondaremos na figura persoal dos voluntarios, deixando máis de lado os intereses da propia organización. Intentaremos presentar as motivacións que os voluntarios teñen á hora de elixir a organización coa que van a colaborar, ao igual que os obxectivos que queren conseguir co seu traballo.

Por último, gustaríanos dotar ao traballo do voluntario dunha nova perspectiva, darlle un novo enfoque que non quede escurecido polas motivacións da organización. Queremos recalcar tamén o papel invisible que os voluntarios teñen na sociedade actual, moitas veces o seu traballo queda empañado polas dúbidas que a xente profesa de cara á organización coa que traballan. Esperamos aportar visibilidade a un traballo tan poucas veces recoñecido, pero tan necesario para a sociedade na que vivimos.

S3D

Posted on 22 Febreiro, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Ola, lembrade que a imaxe que empreguedes como destacada para que apareza na portada ten que estar en formato panorámico para que non quede cortada. Engadide tamén a categoría “Traballos de seminario”, que en principio debería terse activado cando marcáchedes a do voso grupo.
    Daniel Viña. Administrador.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: