ADEGA: Máis de 25 anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo en Galicia

A educación ambiental (EA) para o desenvolvemento sustentable estase a converter nunha necesidade ineludible. Se queremos sentar as bases para satisfacer as necesidades máis perentorias que enfronta o noso planeta deberiamos: deseñar un sistema económico que, satisfacendo as nosas necesidades, non poña en perigo as das xeracións futuras; e reconstruír un mundo de equidade para superar a inxustiza, desigualdade e espolio medioambiental que definen ao que temos.
Pero para que estas palabras tan fermosas –sustentabilidade, desenvolvemento sustentable, equidade,…- teñan algunha significación real, precísase da vontade política necesaria que as plasme en leis e feitos concretos co fin de edificar unha nova orde económica e social.
En ADEGA contribúen a acadar o cambio necesario nos valores da sociedade galega, tanto das persoas adultas como das máis novas, que conduza a unha nova forma de participación social na que podamos empregar os recursos naturais dunha forma sustentable. Asimesmo, desenvolve programas específicos sobre distintas temáticas, que conxugan a aprendizaxe co desenvolvemento dunha participación activa cidadá na resolución dos problemas ambientais.
Neste sentido, o noso grupo ProT tivo a oportunidade de participar nalgúns dos seus talleres dedicados aos máis novos. Así pois, o pasado día 21 de febreiro e este xoves 28 asistimos a un cursiño de “Recilaxe” onde nenos de entre 3 e 8 anos aprenderon a facer papel a partires de follas vellas de xornais. Para a próxima semana, hai programada outra actividade. Esta vez consiste en levar a un grupo de rapaces á desembocadura do río Eo para analizar as súas augas. No que a Educación Ambiental se refire, ADEGA non para!

T6B

Posted on 1 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Después de este primer contacto con la asociación y el público al que se dirige, ¿qué actitud percibisteis en los niños respecto al medioambiente? ¿Créeis que este tipo de actividades pueden concienciar a los más pequeños sobre la necesidad de reciclar?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: