Agareso: Periodismo Social e Cooperación Internacional

Paco deixou voar a pregunta, en certa maneira para rachar o silencio que mantiñan as nosas bocas. ¿Qué é a cooperación?, ¿e o desenrolo?. A lingua dos asistentes empezouse a soltar, posiblemente ó lembrar as palabras de Alejandro (delegado en Galicia da Asamblea de Cooperación pola Paz) no comezo da presentación<<quen máis participe, máis posibilidades ten de ser elixido pra viaxe>>. E que Tanxer e Nador é o perfecto escaparate para un “proxecto” de xornalista. As respostas ás preguntas empezaron a soar na inmensidade da aula <<eu penso que cooperar e isto, eu que é estoutro…>> definicións técnicas que parecían ser arrincadas da RAE, binómios de palabras como “mellora económica”, “evoución cultural”, “beneficio propio”…dentro deses resultados, ás veces demasiado materialistas, nas cales unhas respostas ían ampliando e completando as anteriores, daba comezo o Seminario.

O III Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional, organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios(AGARESO) púxose en marcha o pasado Martes 26, o decano da facultade de xornalismo, J.Pereiro, dou unha benvida fugaz ós asistentes. Un amplo ábano de participantes que a pesar da súa heteroxeneidade, alumnos de xornalismo, licenciados en políticas, ex empregados do País, fotoxornalistas que publicaron no New York Times, sindicalistas…todos compartián un motivo común pra estar nese mesmo ambiente, o súa afiliación a un espíritu solidario, cooperante e pacífico, ou polo menos así o deixaron ver.

Entre presentacións e apalusos, experiencias en Marrocos e máis aplausos, Francisco Rey “Paco”, membro da Asamblea de Cooperación pola Paz, comezou o concepto teórico rogando sempre a participación e a interrupción, como unha longa charla entre amigos, alonxándose da rixidade que pode levar consigo a etiqueta “impartir un Seminario”. A cada “click” unha nova imaxe do Power Point, dende o motivo e fundación orixinal da Cruz Vermella ata a nova socialdemocracia, conceptos que se entrelazaban a pesares de que, aparentemente, non saíran do mesmo ventre, Guerra de Biafra, Bretton Woods, Maio do 68, Acción contra a Fame, Cáritas, levantamento do LSLN en Nicaragua, primeira oleada de ONG…unha espiral de feitos que se retroalimentaban entre sí.

O noso grupo, cubrirá cada martes o dito, debatido e aclarado nesa aula 5 da facultade, onde o Seminario, para algúns descoñecido, será o escenario de partida cara un camiño onde a cooperación, o interese pola problemática e denuncia social, por entender e comprender aquelas situacións que non aparecen nas cabeceiras televisivas pero que existen, por axudar sen ánimo de lucrarse, por compartir, por solidarizarse… intentará mergullarnos na súa pel para facernos, xa non millores xornalistas, senón millores persoas.

T8B

Posted on 1 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Ola, lembrade que o texto ten que estar xustificado. Ademais, non é necesario incluír os nomes de todos na firma, só o voso grupo, e a imaxe de portada aparece cortada, precisades unha máis grande ou redimensionala.
    Daniel Viña. Administrador.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: