Ilustrar as cifras
Nun mesmo día aparecen dúas noticias relacionadas co asunto das preferentes. É a tónica habitual.
Nos medios dánse cifras, fálanse das axudas procedentes de Europa que reciben as entidades que máis comercializaron estes productos, recóllense os berros e insultos de xente desesperada que procura recuperar unha parte do seu diñeiro e se falan dos soldos que percibían os directivos das caixas nacionalizadas.
Sen embargo, o tratamento outorgado impide coñecer a situación particular dos afectados. Na meirande parte dos casos non se trata de inversores que operan regularmente a través da bolsa á procura dun beneficio a curto plazo. Tampouco se trata de xente algo máis prudente que estes e que deleguen a súa responsabilidade en fondos de investimento. Son persoas que, por idade, ben podería ser calquera dos nosos avós. Os mesmos que pasaron as penurias da posguerra, que doblaron o lombo durante horas e horas para alimentar á familia. Eses que agora aloxan aos seus familiares nas súas vivendas cando estes non poden facer fronte á hipoteca.
Por iso, nós trataremos de achegar mediante as entradas individuais e a seguinte entrada do grupo casos particulares do noso entorno. Daremos conta da situación de varios afectados cos que temos previsto contactar e intentaremos manter unha conversa cun dos responsables da plataforma de afectados polas preferentes.
Trátase, en definitiva, de poñerlle cara á situación, algo que se tende a perder cando di que ¨miles de personas se manifestaron¨ ou ¨grupos de afectados por las preferentes se concentraron a las puertas de la sede…¨.
S1E
Posted on 1 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Anido Sueiro, Boo Lamas, Dominguez Osorio, García Casco. Bookmark the permalink. 1 comentario.
A verdade é que o tema das preferentes comezou pasando moi desapercibido nas grandes cabeceiras dos medios. Ninguén lles da voz aos verdadeiros afectados, non lles poñemos cara… tan só xeneralizamos e non profundizamos en quenes son os culpables nin en cando chegará unha boa solución para todos os afectados, que é o que de verdade nos debería importar.
S1A