Peonalización: o modelo soviético de cidade

Nesta entrada abordaremos a materia urbanística, pero xa dun xeito máis ameno que nos posts individuais anteriores. Deste xeito expoñeranse fotografías de diferentes modelos urbanísticos vencellados a ideoloxías e a etapas históricas concretas. Por exemplo, con respecto ao período da Ilustración, poderíamos falar da cidade condal, Barcelona. E para representar o período socialista da U.R.S.S., centrarémonos na cidade ucraína de Prípiat.

Imagen

A proposta soviética responde a un modelo herdeiro da Ilustración, con disposicións en cuadrícula e edificacións en forma de mazá cadrada. Aínda que existiron exemplos nos cales se construíron ensanches, Prípiat foi creada nun espazo seleccionado coa fin de servir de cidade-dormitorio dos traballadores da central nuclear de Chernobyl e tamén como exemplo da cidade ideal soviética.

Imagen

Foi fundada no ano 1970, pero non adquiriu recoñecemento como cidade até 1979. A súa poboación aumentou nos 16 anos de existencia a un ritmo extraordinario, chegando a acadar os 50.000 habitantes, e as expectativas eran as de atinguir os 80.000 habitantes antes dos anos noventa, de non ser polo accidente nuclear de 1986.

Ademais da estrutura cuadriculada, a cidade presenta outras características derivadas do pensamento ilustrado, como son a construción de edificios culturais e zonas verdes, co obxectivo de converter a cidade en lugar de admiración e paseo, para goce espiritual e intelectual dos seus habitantes.

Cando falemos máis fondamente do proceso de peonalización de Pontevedra, trataremos o xeito que teñen as ideoloxías de influír na construción das cidades. Procuramos as vosas reaccións a este respecto, tanto sobre a peonalización en si como sobre outros tipos de intervención administrativa e ideolóxica nos planos urbanos.

S1D

Posted on 1 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Mario Nespereira

    Efectivamente, Prypiat foi a cidade que empregaba a URSS para amosar ao mundo. Un modelo, que por circunstancias de sobra coñecidas, quedou máis vencellado a Chernóbil que polo seu valor en sí mesmo. Se mal non recordo, a cidade todavía se conserva case intacta. Por outra banda, desbotando a concepción occidental, os soviéticos non fixeron todo mal.

  2. Vai pouco vin a película Chernobyl Diaries que creo está localizada en Prypiat. Lembrem de entrasr polo auroporto de Budapest e ter a mesma sensación dos blocos de mixtos, fileiras e fileiras, dantes de entrar na cidade. O barrio durmitorio de Filegi. A impresión dun bloque durmitorio de selo soviético dominando un anfiteatro romano causa bastante contraste, como suporán. Non obstante, para falar da peonilización de Pontevedra, teñen que ir ensoñar tan lonxe? Agardo que me adianten o sentido deste propósito. O antes posible. Non seña que a deriva leve o seu traballo por outros derroteiros que non centren no foco. Pois o último que falamos, tódolos aspectos dos que falamos, penso poderían cercar mellor o tema.
    Un saúdo.

  3. A idea era poñer un exemplo de un modelo urbanístico influído pola ideoloxía. Barallamos varias opcións como Barcelona e París aínda que finalmente eliximos Prypiat. Queremos ver que semellanzas hai entre unha cidade construída por ideoloxía e outra modificada por ideoloxía. Pero só usaremos isto como pequena introdución á Historia das ideas estéticas aplicadas ao Urbanismo, en seguintes posts xa abordaremos os aspectos que comentamos na aula o outro día.

    • Vale, dacordo. Pero conduren os seus post, organicen ben o xeito de ir metendo aspectos que leven ao análise final da proposta. Saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: