SEPIU: Intentando comunicar

Como Ángel (nesta entrada) e Lucía (nesta outra) xa deixaron caer nos seus respectivos posts persoais, no noso grupo ProT estamos a pensar en como podemos dar a coñecer un pouco máis o Servizo de Participación e Integración Universitaria, que a USC ten algo esquecido.

Para completar esa presentación inicial das tarefas que temos pensado realizar, imos explicar as principais formas que a nós se nos ocorreron para poder promocionar este servizo e que foron, fundamentalmente, tres:

  • Transformar o perfil persoal de Facebook co que ata o de agora estaban a traballar nunha páxina, simplificando o proceso e sen a posible percepción por parte dos seguidores de instromisións na súa intimidade (os responsables comentáronnos que recibiron algunhas queixas neste sentido).
  • Elaborar un par de pezas audiovisuais: unha que sexa unha especie de spot, algo curto e impactante que quede na memoria do receptor. A outra trataríase dunha conversa entre voluntarios onde expresen as súas experiencias, as cousas que lle aportou a súa acción, por que pensa que é importante o voluntariado…
  • Concursos: pensamos que ese spot audiovisual podería saír dunha competición, ao igual que algún cartel que servira tamén como promoción. No SEPIU comentáronos que tal vez poderían buscar algún patrocinador para os pemios.
  • Crear un boletín electrónico cuadrimestral onde se recollan entrevistas con voluntarios, se explique o traballo que se leva a cabo nas diferentes asociacións e a súa aportación na sociedade e tamén se promocionen novidades no servizo como cursos, programas, etc.

¿Que vos parecen a vós estas iniciativas? ¿Pensades que imos polo bo camiño? ¿Botades algo en falta? ¿Pensades que servirá para motivar á xente? ¡Deixade os vosos comentarios!

T8A

Posted on 1 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Xa lles comentín que paréceme unha cheia de traballo. Foquen. Xa sabemos que a USC ten moitas carencias, pero non pretendan dunha tacada solventalas todas. A estratexia vai ben, pero é moito choio de diós. Conduren. Ademáis, o efecto amplificador tería que ver máis cunha política real do organismo e de presuposto que non ten, xa o saben. Certo que a implicación da comunidade universitaria é fulcral, pero débense repartir as cargas. Como motivos creativos, de motivación en si mesmos, parécenme os necesarios. Agrafojo e Ernesto deben ver visto á Virxe con estas propostas.
    En todo caso, avanti popolo.

    • Daniel Viña Teijo

      É certo que é moito traballo e non temos pensado levar todas as propostas a cabo, pero son ideas que lles quedan ao persoal do SEPIU para desenvolver eles ou outros voluntarios que vaian en próximos anos. Pensamos que é especialmente interesante gravar unha conversa entre varios voluntarios (que ademais serviría como externalización para este blog) e a mellora das redes sociais do servizo.

  1. Pingback: SEPIU: Privacidade mesmo no voluntariado | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: