Cuac FM. Medios comunitarios: a voz dos sen voz

Bolivia. Finais dos 40. Un pequeño grupo de traballadores das minas decide abrir camiño. Enchen de aire os seus pulmóns de pó e metal e lanzan os primeiros berros de denuncia a través das ondas. As radios mineiras convértense nun altofalante pola dignidade que emite desde as entrañas da terra, nun auténtico instrumento de resistencia política, social e cultural.

Italia. 2004. Nace en Turín a asociación Videocommunity. O seu obxectivo, dar voz ás diferentes comunidades que conviven nesa cidade multicultural para favorecer a integración e a convivencia. Organización de obradoiros destinados ao encontro e o debate, realización de materiais audiovisuais que atendan a problemáticas de aqueles que non se sinten representados polos mass media… Voz da comunidade e para a comunidade.

Estes dous proxectos están incluídos na obra Comunidad y Comunicación. Prácticas comunitarias y medios comunitarios en Europa y América Latina, coordinada por Marcelo Martínez Hermida, Carme Mayugo i Majó e Ana Tamarit Rodríguez (ed. Fragua, 2012). Son dous exemplos alonxados no tempo e no espazo e atenden a cuestións completamente diferentes. Porén, teñen algo en común: sen intencións lucrativas, o seu afán é construír unha nova realidade comunicativa, facilitando o acceso ao discurso público, para así colaborar na construción dunha nova realidade social. Durante os próximos dous meses achegarémonos a diferentes experiencias de prácticas e medios comunitarios, con especial atención ao caso da emisora coruñesa CUAC FM, para tentar explicarvos este outro xeito de comunicar. Explicaba Van Dijk, o sociólogo e lingüista holandés, que o acceso desigual ao discurso público é unha das bases nas que se fundamenta o poder (Discurso e poder, 2008). E é que se os grandes medios se alonxan dos intereses da comunidade e esta carece de voz, credes que podemos falar de democracia?

S2C (Fontán Bestilleiro, López Pereiro, Mallo Domínguez, Pereiro Fraga)

Posted on 2 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Aproveitando, así me gusta. Merecería ó Meu ver falar máis das radios mineiras e sob de todo das prácticas comunicativas que alí se emprenderon. O empoderamento da xente e a apropiación de técnicas. Menos mal que o libro de diós serve para algo. Quizabes habería que discutilo cos de Cuac, por tirarlles da lingua.hehehe.
    Saúdo.

  2. Pareceume moi interesante a introducción que fixestes, contando os dous casos particulares. É certo que as radios comunitarias teñen un papel imprescindible no campo da comunicación. Todo coruñés coñece, obrigatoriamente, a Cuac Fm, e non só na cidade da Coruña, senón que a súa importancia é cada vez máis crecente.
    Achegarnos a medios como estes é sen dúbida unha gran iniciativa, e un primeiro paso para unha implicación con eles.

  3. Tivemos outro bo exemplo de radio comunitaria no filme que vimos o pasado venres, “Radio Favela”. Penso que, malia ser algo longa de máis, si que conseguiu transmitir perfectamente a esencia dunha radio comunitaria. Pasión por ese medio, por dar voz aos que non a teñen, traballando na clandestinidade e sen licencia de transmisión. Iso é radio en estado puro e compromiso de verdade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: