Erasmus: Atenas, Rennes e Eskisehir.

Como sabedes, o S3F está a traballar na análise dos grupos e do xeito en que se comunican os estudantes de ERASMUS (e outros programas de mobilidade). No post de hoxe trataremos o que lles espera aos nosos compañeiros. Neste caso Loreto, Óscar e Paula (que o ano próximo serán beneficiarios destes programas) van dicir “catro cousiñas” que esperan atopar nos seus lugares de destino así como as dificultades que creen que van atopar e as oportunidades que se lles presentan polo mundo adiante. Con eles quedades:

Loreto Barbón Concha
¿Qué esperas del Erasmus? Viajar a un país al que nunca fui, conocer gente nueva, moverme en una cultura un poco diferente a la española… Básicamente, aprender y disfrutar.

¿Por qué Atenas? Atenas era mi segunda opción. Grecia me parece un país lleno de historia. Estudié latín y griego en el bachillerato; visité Italia y no quiero quedarme sin conocer Grecia.

¿Dificultades? Aunque conozco el alfabeto griego, sólo di clases de griego antiguo; ir a un país con un idioma y un alfabeto diferentes me asusta, pero aun así, creo que con el inglés me puedo defender.

¿Oportunidades? Desde luego será una etapa imborrable en mi vida, ¡estoy muy ilusionada! Voy a conocer y aprender un montón de cosas diferentes que pueden enriquecer tanto mi vida profesional como personal.

Paula Quintás López
Do ERASMUS espero obter unha experiencia inesquecible, desas que serven para contar anécdotas dende nas ceas familiares até cos teus amigos. Non busco unha viaxe como tal (como a que faría de vacacións, por exemplo), pois son consciente de que vou estudar e o meu obxectivo é vir con todo aprobado de Rennes. Pero ademais de ir cursar fora o terceiro curso de xornalismo, con todo o que esto pode repercutir no meu expediente e mesmo no curriculum (cunha pouca sorte, poderei dar as clases en inglés e ter vida en francés, co cal adquiriría unha boa competencia en ambos idiomas), pretendo aprender a desenvolverme mellor nun país estranxeiro e así gañar confianza. Coñecer novos lugares coas súas particulares costumes e ter a oportunidade de viaxar un pouco polos arredores é algo que nos enriquece de xeito indubidable, polo que lle da un valor engadido ao ERASMUS en si mesmo. Medramos pasando de curso e medramos aprendendo a desenvolvernos.

Óscar Barreiro Manzano
Por que collín o programa ERASMUS? Sinceramente, véxoo como unha opción de coñecer e mergullarme en culturas distintas á miña e de desfrutar á vez que poño en práctica e reforzo o meu inglés. Por outra parte, a elección do meu destino ERASMUS (Eskisehir, Turquía) dende o primeiro momento estaba entre as miñas preferidas, tralas universidades gregas. A parte, permíteme viaxar aos Balcáns, rexión que me apaixona. O que máis me preocupa de facer un ERASMUS en Turquía é que, en xeral, se ten unha imaxe bastante negativa do país. Eu prefiro non ir con prexuízos e desfrutar do que me depare a experiencia!

S3F

Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Ola, lembrade que nos posts de TS debedes escribir antes do título o nome do voso proxecto (“Erasmus”).
    Daniel Viña. Administrador.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: